Jim Brown
James Nathaniel Brown, nado en St. Simons (Xeorxia), o 17 de febreiro de 1936 e finado nos Ánxeles o 18 de maio de 2023,[1] foi un xogador profesional de fútbol americano e actor. Durante a súa carreira deportiva competiu como fullback para os Cleveland Browns da National Football League (NFL) entre 1957 e 1965. Considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte,[2] Brown foi invitado á Pro Bowl cada temporada de todas as que xogou, foi recoñecido tres veces como MVP e gañou un campionato da NFL cos Browns en 1964. A nivel estatístico, liderou a competición en iardas de cerreira en oito das súas nove temporadas, rexistrando no momento da súa retirada a maioría dos récords posíbeis para xogadas de carreira. No ano 2002 The Sportings News nomeouno como o mellor xogador de fútbol americano profesional de todos os tempos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Babb, Kent (2023-05-19). "Jim Brown, Hall of Fame running back and actor, dies at 87". Washington Post. Consultado o 2023-05-20.
- ↑ Harrison, Elliot (29 de xullo de 2013). "Joe Montana, Jim Brown on Hall of Fame 50th Anniversary Team" (en inglés). NFL.com. Consultado o 6 de febreiro de 2019.
- ↑ "Football's 100 Greatest Players: No. 1 Jim Brown". The Sporting News. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 6 de febreiro de 2019.