Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jane Davidson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJane Davidson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Birmingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Minister for Environment, Sustainability and Housing (en) Traducir
19 de xullo de 2007 – 11 de maio de 2011
Minister for Sustainability and Rural Development (en) Traducir
31 de maio de 2007 – 19 de xullo de 2007
Member of the 3rd National Assembly for Wales (en) Traducir
3 de maio de 2007 – 30 de marzo de 2011 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 3rd Welsh Assembly (en) Traducir

Circunscrición electoral: Pontypridd (en) Traducir

Member of the 2nd National Assembly for Wales (en) Traducir
1 de maio de 2003 – 28 de marzo de 2007 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 2nd Welsh Assembly (en) Traducir

Circunscrición electoral: Pontypridd (en) Traducir

Minister for Education (en) Traducir
9 de febreiro de 2000 – 25 de maio de 2007
Member of the 1st National Assembly for Wales (en) Traducir
6 de maio de 1999 – 2 de abril de 2003 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 1st Welsh Assembly (en) Traducir

Circunscrición electoral: Pontypridd (en) Traducir

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Birmingham (pt) Traducir
Universidade do País de Gales (pt) Traducir
Malvern St James (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cardiff Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor en Wikidata

Twitter: JaneBryngwyn Editar o valor en Wikidata

Jane Davidson, nada en Birmingham o 19 de marzo de 1957, é unha política británica que foi membro do Partido Laborista na Asemblea Nacional de Gales, electa por Pontypridd como Ministra de Medio Ambiente, Sostibilidade e Vivenda no Goberno de Gales.[1] Tamén foi a Vicepresidenta galesa da asociación Ramblers, posto do que se retirou cando foi elixida como Ministra en 2007. En 2008 anunciou que non se volvería a presentar para a reelección cara á asemblea en 2011.[2]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Antes do seu paso pola Asemblea de Gales, foi membro do Concello da cidade de Cardiff. Na asemblea, foi a ministra de Medio Ambiente, Sostibilidade e Vivenda entre 2007 e 2011. Davidson foi a responsable no Goberno de Gales de facer do desenvolvemento sustentable como o seu principio central na organización. Antes de ocuparse deste ministerio foi Ministra de educación e aprendizaxe permanente. Foi a encargada de introducir o novo curso de inicio entre as idades de 3 a 7 anos, o bacharelato galés e a materia de educación para o desenvolvemento sustentable e a cidadanía global.[3]

En 2011, despois da súa carreira como ministra mudouse ao oeste de Gales, Davidson tomou o mando do Instituto Galés para a Sostibilidade como directora, situado na University Trinity St. David, onde se tenta introducir o concepto de sostibilidade na experiencia de cada estudante desde 2013.[3]

Contribucións á política pública

[editar | editar a fonte]

Davidson foi a terceira persoa ambientalista máis influente no Reino Unido para The Independient on Sunday en 2009, e foi o número un e dous na Resource magazine en 2009 e 2010 polo seu traballo en residuos.[4][5] Davidson foi recoñecida coa bolsa honorífica do Chartered Institute of Waste (CIW), e é membro do consello de Embaixadores Globais do World Wildlife Fund no Reino Unido.[6] Formou parte do xurado nos Green Awards en 2011 e é membro do equipo Telegraph's summit escribindo sobre economía verde na carreira cara a Río+20.

  1. "People in the Assembly: Jane Davidson". Londres: BBC News. 12 de maio de 1998. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  2. "Davidson will stand down in 2011". BBC News. 11 de outubro de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "Jane Davidson". 3 de febreiro de 2014. 
  4. "Sponsored Earth Content". Londres. 
  5. "Plastic bag charges by May 2011". 3 de novembro de 2009. 
  6. "Jane Davidson - WWF UK". 23 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 11 de decembro de 2017.