James Dunlop
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1793 Escocia, Reino Unido |
Morte | 22 de setembro de 1848 (54 anos) Nova Gales do Sur, Australia |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo |
Empregador | Nova Gales do Sur |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
James Dunlop nado en Escocia o 31 de outubro de 1793 e finado o 22 de setembro de 1848, foi un astrónomo que desenvolveu a súa carreira en Australia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Interesouse na astronomía desde novo, sendo xa construtor de telescopios no ano 1810. Deveu como astrónomo en Australia, e traballando no Observatorio Parramatta en Nova Gales do Sur (a 25 quilómetros de Sydney) fixo numerosos descubrimentos de obxectos do espazo profundo nos ceos visibles desde o hemisferio sur, compilando O Catálogo de Nebulosas e Acios Estelares do Hemisferio Sur observadas en Nova Gales do Sur no cal listou 629 obxectos. Moitos destes obxectos foron vagamente descritos, polo que John Herschel só puido verificar 211 deles. Novas investigacións lideradas por Glen Cozens brindaron un número superior de obxectos reais, polo que actualmente roldan os 300 (case un 50 % dos reportados inicialmente por Dunlop) que reúnen características que os levaron a ser clasificados como reais obxectos do espazo profundo. A outra metade resultaron ser constelacións e estrelas múltiples as cales Dunlop non puido chegar a distinguir claramente debido aos modestos instrumentos dos que dispoñía (un reflector de 9 polgadas de apertura con espello metálico de espéculo, equivalente a un reflector moderno de 6 polgadas).
Realizou tamén o catálogo Brisbane con máis de 7000 estrelas dos ceos do sur. O seu labor foi o segundo esforzo de compilación realizado no hemisferio sur, precedido pola lista de 42 "obxectos" (nebulosas, acios estelares) do astrónomo francés Abbe Nicholas Louis de la Caille, quen realizou as súas observacións no Cabo de Boa Esperanza no período comprendido entre os anos 1751-1752.
O descubrimento máis destacado de Dunlop foi a radio galaxia NGC 5128.
O seu traballo fíxolle acredor da medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica en 1828. Dirixiu o observatorio Parramatta en Nova Gales do Sur desde 1831 ata 1847, no cal se iniciou anos antes como asistente técnico designado por Thomas Makdougall Brisbane, un militar escocés, astrónomo e gobernador de Nova Gales do Sur con quen mantiña unha estreita relación e quen ademais estimulou e favoreceu de xeito determinante o desenvolvemento de Dunlop na astronomía.
Dispuxo o seu retiro nunha granxa da súa propiedade en Brisbane Water, Nova Gales do Sur en agosto de 1847 e morreu o 22 de setembro de 1848. Sobreviviulle a súa esposa Jean Service, con quen contraeu matrimonio en 1816. Non chegaron a ter fillos.
Os seus restos están enterrados na Igrexa Anglicana Saint Paul's en Kinucmber, Nova Gales do Sur.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- "A catalogue of nebulae and clusters of stars in the southern hemisphere, observed at Parramatta in New South Wales. Philosophical Transactions of the Royal Society, Vol. 118, p. 113--151, 1828.
- Descubriu e catalogou 256 estrelas dobres do sur en "Approximate Places of Double Stars in the Southern Hemisphere, observed at Paramatta in New South Wales.", publicado nas Memoirs of the Royal Astronomical Society Mem.Ast.Soc.London, Vol. 3, 257, 1829.
- "Places of Encke's comet, from 30 observations. Monthly Notices of the Royal Astronomical Society "Observation of a small comet at Paramatta. Monthly Notices of the Royal Astronomical Society (MNRAS), Vol. 1, 130 (1829)