José Regal Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Mariz, España |
Morte | 20 de novembro de 2007 (89/90 anos) Chantada, España |
Alcalde de Chantada | |
2 de marzo de 1964 – 25 de marzo de 1975 ← José Manuel Vázquez Yebra – Jose Luís Fernández Pedreira → | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
José Regal Vázquez, nado en Mariz (Chantada) en 1917 e finado no mesmo concello o 20 de novembro de 2007, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato Universitario e Maxisterio e fíxose médico especialista en odontoloxía. Foi dentista en Chantada. Foi fundador de Falange, combateu no bando sublevado na guerra. Foi nomeado alcalde de Chantada a finais de febreiro de 1964,[1] tomando posesión o 2 de marzo. Cesou o 25 de marzo de 1975. Logo da morte de Franco afiliouse á Unión de Centro Democrático e foi elixido conselleiro da Xunta preautonómica por designación da Deputación. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro e foi o líder de UCD en Chantada. Despois integrouse en Coalición Galega e recalou finalmente en Alianza Popular. En 1995 abandonou a política.
Predecesor: José Manuel Vázquez Yebra |
Alcalde de Chantada 1964 - 1975 |
Sucesor: Jose Luís Fernández Pedreira |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Araceli Gómez González.[2]