José González Suárez
Pita | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José González Suárez | ||
Nacemento | 7 de xaneiro de 1927 | ||
Lugar de nacemento | Ourense | ||
Falecemento | 21 de outubro de 1971 | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1942–1949 | Orensana | ||
1949–1953 | Deportivo da Coruña | 21 | (0) |
1952–1953 | → Zaragoza | 25 | (0) |
1953–1956 | Oviedo | 15 | (0) |
1956–1958 | Rayo Vallecano | 27 | (0) |
1958–1959 | Terrassa | 12 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José González Suárez, máis coñecido como Pita, nado en Ourense o 7 de xaneiro de 1927 e finado o 21 de outubro de 1971, foi un futbolista galego que xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1942, con só 15 anos, converteuse no gardameta da Orensana, club que se acababa de crear pola fusión doutros dous equipos ourensáns.[1] Xogou na Orensana ata 1949, logrando no seu último ano o ascenso á Segunda División.[2] Fichou a continuación polo Deportivo da Coruña, onde foi durante tres anos suplente de Xoán Acuña. Debutou na Primeira División o 23 de outubro de 1949, nun partido contra o Valencia en Mestalla, substituíndo no descanso a Acuña, lesionado na clavícula.[3] Xogou un total de 24 partidos oficiais co Deportivo, a maioría deles na súa terceira tempada na Coruña.
Para a tempada 1952/53 saíu cedido ao Zaragoza, a cambio do regreso de Tino ao club coruñés.[2] No club aragonés foi o gardameta titular por diante de Higinio e Ruiz, disputando 25 partidos, e compartindo vestiario co verinés Avelino Chaves. En agosto de 1953 fichou polo Oviedo,[4] onde militou durante tres campañas, sen dispoñer de moitos partidos, ao ser o porteiro titular Argila.
A continuación xogou dúas tempadas no Rayo Vallecano e outra no Terrassa, todas elas na Segunda División.
Familia
[editar | editar a fonte]Era curmán do tamén gardameta Antonio Suárez, que, igual que Pita, defendeu tamén a portería da Orensana, así como a do CD Ourense.[5][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El deporte orensano". El Correo Gallego (en castelán) (22005). 23 de setembro de 1942. p. 4. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Pita se despide de la afición". La Noche (en castelán) (9810). 5 de agosto de 1952. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "En el resultado de Mestalla (3-0 a favor del Valencia sobre el Deportivo) influyó la lesión de Acuña". El Correo Gallego (en castelán) (24190). 25 de outubro de 1949. p. 4. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "Pita, al Oviedo". Hoja oficial del lunes (en castelán). 17 de agosto de 1953. p. 2. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ "Con Suárez y Rodolfo". La Región (en castelán) (10303). 27 de agosto de 1950. p. 3. Consultado o 27 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).