Jorge Sanz Miranda
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de agosto de 1969 (55 anos) Madrid, España |
Educación | Colegio Nuestra Señora del Pilar (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Lugar de traballo | España |
Ocupación | actor, actor de cinema |
Período de actividade | 1979 - |
Familia | |
Cónxuxe | Paloma Gómez |
Fillos | Merlín Sanz |
Jorge Sanz Miranda, nado en Madrid o 26 de agosto de 1969, é un actor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debuta profesionalmente con nove anos no filme La miel (1979), de Pedro Masó. En 1982, tras aparecer en Conan o bárbaro, protagoniza con éxito Crónica del alba. Valentina ás ordes de Antonio Betancor. A súa fotoxenia e naturalidade ante a cámara convérteno nese momento nun dos actores novos máis prolíficos do cinema español.
Aínda na adolescencia, destaca en películas como Mambrú se fue a la guerra, de Fernando Fernán Gómez e El año de las luces, de Fernando Trueba, onde coincide por primeira vez con Maribel Verdú, unha das súas parellas artísticas máis adoitas.
Con Vicente Aranda roda algúns dos seus filmes máis relevantes, xa en personaxes adultos, entre elas Si te dicen que caí, Amantes e Libertarias, ademais da serie de televisión Los ginetes del alba. En todas elas comparte protagonismo con Victoria Abril.
O seu traballo en Belle Époque (1992) confírmano como intérprete de proxección internacional. Dende entón encadea traballos de calidade e demostra a súa versatilidade en comedias como Los peores años de nuestra vida, de Emilio Martínez Lázaro, Cha-cha-chá, de Antonio del Real ou Oviedo Express, de Gonzalo Suárez. Con Fernando Trueba e Penélope Cruz repite en La niña des tus ojos (1998). Máis tarde intervén, entre outras, en Tuno negro, El Lobo e Bienvenido a casa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jorge Sanz Miranda na IMDb (en inglés).
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Holmstrom, John. The Moving Picture Boy: An International Encyclopaedia from 1895 to 1995. Norwich, Michael Russell, 1996, p. 375-376.
- D’Lugo, Marvin: Guide to the Cinema of Spain, Greenwood Press, 1997. ISBN 0-313-29474-7
- Perriam, Chris: Star and Masculinity in Spanish Cinema: From Banderas to Bardem, Oxford University Press, 2003. ISBN 0-19-815996-X.