John Cassin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1813 Upper Providence Township, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 10 de xaneiro de 1869 (55 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Cemitério Laurel Hill (pt) |
Educación | Westtown School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Ocupación | ornitólogo, escritor, zoólogo, botánico |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Cassin |
Abreviatura do autor en zooloxía | Cassin |
Familia | |
Fillos | Rachel Cassin Davis |
Descrito pola fonte | Library of the World's Best Literature Appletons' Cyclopædia of American Biography |
John Cassin, nado en Upper Providence Township (Condado de Delaware, Pensilvania) o 6 de setembro de 1813 e finado en Filadelfia o 10 de xaneiro de 1869, foi un ornitólogo e algólogo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cassin foi educado na Escola Westtown, en Westtown, Pensilvania.[1] Serviu no Exército da Unión durante a guerra civil estadounidense e estivo preso na prisión confederada de Libby en Richmond, Virxinia.[2]
Trasladouse a Filadelfia en 1834 onde foi xefe dun negocio de litografía, no que máis tarde se imprimiron moitas da súas ilustracións de aves.[3] Traballou durante un breve tempo no Concello de Filadelfia.[4] Foi membro da Sociedade Zoolóxica, da Sociedade Filosófica Estadounidense e da Sociedade Histórica de Pensilvania.[5]
En 1833, Cassin, xunto con 4 colegas, fundou o Instituto de Ciencias do Condado de Delaware en Media, Pensilvania.[6]
John Cassin está considerado como un dos ornitólogos estadounidenses máis importantes, xa que describiu 198 aves que non foran previamente mencionadas por Alexander Wilson nin por John James Audubon.
Traballou como conservador e vicepresidente na Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia e centrouse na clasificación sistemática da extensa colección de aves da Academia. Foi un dos fundadores do Instituto de Ciencias do condado de Delaware e publicou varios libros que describen 198 novas especies de aves. No seu honor nomeáronse cinco especies de aves norteamericanas, unha carricanta e un mineral.
As obras máis coñecidas de Cassin son Illustrations of the Birds of California, Texas, Oregon, British and Russian America (1853-1856) e Birds of North America (1860), escrito xunto con Spencer Fullerton Baird e George Newbold Lawrence.
A súa saúde viuse moi alterada nos días da Guerra civil estadounidense. Ademais, o arsénico, utilizado para conservar os espécimes de aves e, como a outros ornitólogos da súa época, producíronlle terríbeis consecuencias: morreu aos 55 anos.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- John Cassin (reed. en 2010): Illustrations of the Birds of California, Texas, Oregon, British and Russian America. Intended to Contain Descriptions and Figures of All. Editor: General Books LLC. ISBN 1-1550-8030-0.
- Spencer Fullerton Baird, John Cassin and George Newbold Lawrence (1860): The birds of North America. Natural sciences in America. Edición ilustrada, reimpresa de Arno Press.
Artigos importantes
[editar | editar a fonte]- 1845. Ornithology of the United States Exploring Expedition.
- 1858. Mammalogy and ornithology.
- 1858. Explorations and Survey for a Railroad Route from the Mississippi to the Pacific Ocean.
- 1856. Ornithology of the Japan Expedition 1856.
- 1855. Ornithology of Gillies's Astronomical Expedition to Chili.
- 1855. Birds of Chili.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Cassin emprégase para recoñecer a John Cassin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
- A abreviatura Cassin emprégase para indicar a John Cassin como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Minerals. Delaware County Institute of Science.
- ↑ Schmauss, Anne: "For The Birds: Don't mistake Cassin's finches for house finches". Santa Fe New Mexican.
- ↑ Stone 1901, p. 1.
- ↑ Stone 1901, pp. 1–2.
- ↑ Campbell, John Hugh (1892); History of the Friendly Sons of St. Patrick and the Hibernian Society for the Relief of Emigrants from Ireland. Philadelphia: Hibernian Society. pp. 376–377.
- ↑ Ashmead 1884, pp. 601–602.
- ↑ Cassin, John no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Cassin |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: John Cassin |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ashmead, Henry Graham (1884). History of Delaware County, Pennsylvania. L. H. Everts & Co.
- Barrow, Mark V., Jr. (1998). A Passion for Birds: American Ornithology After Audubon. Princeton University Press. ISBN 0-6910-4402-3.
- Stone, Witmer (1901). Cassinia: A Bird Annual. Proceedings of the Delaware Valley Ornithological Club of Philadelphia, Issues 5-9. Delaware Valley Ornithological Club.