John Barth
Nome orixinal | (en) John Simmons Barth |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de maio de 1930 Cambridge (Estados Unidos de América) |
Morte | 2 de abril de 2024 (93 anos) Bonita Springs (Estados Unidos de América) |
Educación | Escola Juilliard Universidade Johns Hopkins - mestría en artes |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e literatura posmoderna |
Ocupación | escritor, novelista, profesor universitario |
Período de actividade | 1956 - 2024 |
Empregador | Universidade Johns Hopkins Universidade de Boston Universidade do Estado de Nova York en Buffalo Pennsylvania State University |
Membro de | |
Premios | |
John Simmons Barth, nado en Cambridge, Maryland, o 27 de maio de 1930 e finado en Bonita Springs (Florida) o 2 de abril de 2024, foi un escritor posmodernista norteamericano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. Logo de se licenciar en 1952 foi profesor nas universidades de Pennsylvania State (1953-1965), SUNY Buffalo (1965-1973), Boston (1972-1973) e Johns Hopkins (1973-1995), antes de se xubilar en 1995.
As novelas curtas The Floating Opera (1956) e The End of the Road (1958) foron as primeiras obras que publicou, son obras nos que trata temas polémicos, o suicidio e o aborto, respectivamente.
The Sot-Weed Factor (1960) é unha densa novela épica de 800 páxinas sobre a colonización de Maryland baseada na nun poema de Ebenezer Cook, en 1967 apareceu unha nova versión con 50 páxinas menos.
Barth faleceu o 2 de abril de 2024 aos 92 anos de idade.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- The Floating Opera (1956)
- The End of the Road (1958)
- The Sot-Weed Factor (1960)
- Giles Goat-Boy (1966)
- Lost in the Funhouse (relatos) (1968)
- Chimera (conxunto de tres novelas curtas) (1972)
- Letters (1979)
- Sabbatical: A Romance (1982)
- Tidewater Tales (1987)
- The Last Voyage of Somebody the Sailor (1991)
- Once upon a Time (1994)
- On with the Story (short stories) (1996)
- Coming Soon! (2001)
- The Book of Ten Nights and a Night (relatos) (2004)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Witte, Brian (2024-04-03). "John Barth, innovative postmodernist novelist and Johns Hopkins emeritus professor, dies". Baltimore Sun (en inglés). Consultado o 2024-04-03.