It Takes Two (filme de 1995)
Aparencia
It Takes Two | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | It Takes Two |
Director | Andy Tennant |
Produtor | Mel Efros Keith Samples |
Guión | Deborah Dean Davis |
Intérpretes | Kirstie Alley Steve Guttenberg Mary-Kate Olsen Ashley Olsen |
Música | Ray Foote Sherman Foote |
Fotografía | Kenneth D. Zunder |
Montaxe | Roger Bondelli |
Distribuidora | Warner Bros. Family Entertainment (Norte América) Rysher Entertainment (Internacional) |
Estrea | 17 de novembro de 1995 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Recadación | $19 474 589 |
Na rede | |
It Takes Two é un filme estadounidense dirixido por Andy Tennant que se estreou en 1995. Está protagonizado por Kirstie Alley, Steve Guttenberg, Mary-Kate Olsen e Ashley Olsen. O título do filme provén da canción "It Takes Two", de Marvin Gaye e Kim Weston.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Alysa é unha nena que viaxa ata a residencia de campo do seu millonario pai para pasar alí as vacacións. Xusto ó carón da casa, a súa finada nai construíu un campamento de verán para nenos orfos. Alí coñece a Amanda, unha simpática nena coa que comezará unha fermosa amizade. Cando o pai de Alysa anuncia o seu compromiso cunha muller repelente e maniática, as dúas nenas decidirán amolala para que o pai de Alysa se namore da asistente social de Amanda.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mary-Kate Olsen como Amanda Lemmon
- Ashley Olsen como Alyssa Callaway
- Steve Guttenberg como Roger Callaway
- Kirstie Alley como Diane Barrows
- Jane Sibbett como Clarice Kensington
- Philip Bosco como Vincenzo
- Ernie Grunwald e Ellen-Ray Henessy como Harry e Fanny Burkis
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- It Takes Two na IMDb (en inglés).
- Ficha en TCM Movie Database (en inglés)