Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Illa da Toxa Pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla da Toxa Pequena
Imaxe
Illa da Toxa pequena
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaO Grove, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°29′34″N 8°50′06″O / 42.4928, -8.835
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións875 (lonxitude) m
Superficie10 ha Editar o valor en Wikidata

A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.

Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].