Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Illa Peter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Peter
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Virxes Británicas - British Virgin Islands Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°21′21″N 64°34′16″O / 18.3559, -64.5711
Características
Altitude83 m Editar o valor en Wikidata
Superficie7,2 km² Editar o valor en Wikidata

Illa Peter (inglés Peter Island) é unha illa de 720 hectáreas[1] no arquipélago das Illas Virxes Británicas no Caribe pertencentes a Reino Unido. É unha illa privada situada nas Illas Virxes Británicas (IVB). Está a aproximadamente 8 quilómetros ao suroeste de Road Town, Tórtola. A illa recibiu o nome de Pieter Adriensen (alcumado "O Comandante") que era o irmán de Abraham Adriensen, Patrón de Tórtola baixo a Compañía Holandesa das Indias Occidentais a principios do século XVII. Pieter Adriensen e Joost van Dyk construíron unha fortaleza e currais de escravos en Great Harbour na illa de Peter para facilitar o nacente comercio corsario de escravos desde Angola.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Illa Peter está situada no mar Caribe a uns 8 km ao suroeste da illa principal de Tórtola.

A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie de aproximadamente 7 km².

A illa é de propiedade privada e non ten poboación permanente e é un centro turístico (resort).

A illa só se pode chegar por barco, o transbordador desde Tórtola dura uns 20 minutos.

Illa Peter foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo.

O nome vén de Pieter Adriensen, irmán de Abraham Adriensen, xerente da Compañía Holandesa das Indias Occidentais en 1600. Pieter e Joost van Dyk construíron un forte na illa para o comercio de escravos de Angola.

O Pirata Barbanegra, segundo a lenda, deixou morrer a 15 dos seus homes en Dead Chest Island mentres cantaba "Yo Ho Ho".

En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga, en 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.

A finais de 1960 adquiriuse a maior parte da illa o millonario noruegués Torolf Smedvig que comezou a construír unha instalación turística. Logo da súa morte a finais de 1970 a illa foi mercada por unha compañía norteamericana e agora toda a illa é de propiedade privada.

Peter Island é a illa privada máis grande das IVB e a quinta maior das 60 illas, peiraos e arrecifes expostos que forman as IVB. Era propiedade da Amway Corporation desde 1978[2] ata 2001 cando a totalidade da propiedade transferiuse á familia Van Andel, copropietarios de Amway.[3]

O turismo é a única fonte de ingresos da illa, aínda que non esta desenvolvida contén rutas de sendeirismo e ciclismo para descubrir a flora e fauna tropical indíxenas. As praias enfróntanse ao océano Atlántico, ao mar Caribe e á canle Sir Francis Drake. Dous das praias (Honeymoon e White bay, lúa de mel e baía branca) son só para hóspedes. A praia máis grande da illa é Deadman's Bay, unha praia en forma de media lúa de 800 m. de lonxitude sombreada por palmeiras cun bar e un restaurante aberto. Denomínase Deadman's Bay (baía do home morto pilos piratas que quedaron illados na veciña illa de Dead Chest e posteriormente afogaron nadando cara á illa Peter, os seus cadáveres foron lavados na costa.

  1. "Peter Island, BVI - Frommer's". frommers.com. Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  2. "For Privacy, Peter Island". New York Times. 8 de abril de 1984. 
  3. "Peter Island Resort plans $multi-million enhancements". Island Sun. 27 de abril de 2001. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 25 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]