Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iacobus Magnus é un álbum do grupo tradicional galego Milladoiro gravado no ano 1994 entre Galiza e Inglaterra, nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende e nos estudios Abbey Road (Londres). É o primeiro traballo de Milladoiro con orquestra, sendo o resultado unha suite orquestral en sete movementos composta, arranxada e orquestrada por Milladoiro e por encargo do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, como conmemoración do Ano Xubileu. Tódolos temas foron compostos baixo o canon da música tradicional.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"Pórtico" |
|
2. |
"Un longo camiño branco" |
|
3. |
"¿Onde vai aquel romeiro?" |
|
4. |
"Per Loca marítima" |
|
5. |
"No primeiro Milladoiro" |
|
6. |
"A noite estrelecida" |
|
7. |
"No cabo da viaxe" |
|