Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Independentismo galés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Gales.
Unha marcha pola independencia galesa celebrada o 11 de maio de 2019 en Cardiff.

O independentismo galés (en galés: Annibyniaeth i Gymru) é un movemento político independentista cuxo obxectivo é que Gales abandone o Reino Unido para converterse nun estado soberano e independente. Gales foi conquistado militarmente por Eduardo I de Inglaterra durante o século XIII, e foi integrado no Reino de Inglaterra polos actos das Leis en Gales 1535-1542.

O movemento independentista galés moderno xurdiu a mediados do século XIX. No século XXI, os partidos políticos Plaid Cymru,[1] Propel, Gwlad e o Partido Verde de Gales apoian a independencia galesa, ao igual que a campaña civil non partidista YesCymru.[2]

  1. "Aims//Our History". Plaid Cymru. Arquivado dende o orixinal o 2016-04-03. Consultado o 2016-03-22. 
  2. Pitt, Ellie (6 de novembro de 2020). "Thousands join YesCymru and say "Westminster isn't working for Wales"". ITV News (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO.