Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Inagua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaInagua
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°04′36″N 73°17′13″O / 21.0768, -73.287
Reinos da CommonwealthBahamas Editar o valor en Wikidata
CapitalMatthew Town (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.679 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude33 m Editar o valor en Wikidata
Creación1800 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2BS-IN Editar o valor en Wikidata

Vista da costa da illa

Inagua é un distrito ao sur das Bahamas, que comprende as illas de Gran Inagua e Pequena Inagua.

Illa Gran Inagua

[editar | editar a fonte]

Gran Inagua é a terceira illa máis grande das Bahamas 1.544 km² e está a uns 90 km. desde o extremo oriental de Cuba. A illa é de aproximadamente 90 x 30 km. de extensión, o punto máis alto está a 33 m. en East Hill. Inclúe varios lagos, en particular, un de 19 km. de longo: Lago Windsor (tamén chamado o Lago Rosa), que ocupa preto de 1/4 do interior. A poboación de Gran Inagua é de 969 persoas (censo de 2000).

A capital da illa, e o seu único porto é a localidade de Matthew Town (Cidade Mateo), o nome de Matthew Town provén dun gobernador das Bahamas do século IXX. Esta cidade alberga as principais instalacións da empresa Morton Salt, que produce un millón de toneladas de sal mariño ao ano, a segunda salina máis grande en América do Norte e a principal industria de Inagua. O Aeroporto de Gran Inagua (IATA: IGA, a OACI: MYIG) atópase cerca.

Existe un gran santuario de aves no centro da illa cunha poboación de máis de 80.000 flamengos das Indias Occidentais e de moitas outras aves exóticas.

Illa Pequena Inagua

[editar | editar a fonte]

A veciña Pequena Inagua esta a 8 km. ao nordés, está deshabitada, é ten 78 km² ten rabaños de cabras e burros salvaxes (descendentes dalgúns traídos polos franceses). Pequena Inagua ten un grande arrecife de protección que impide que os barcos procedentes cheguen demasiado cerca.

O orixinal nome ven de Heneagua que derívase dunha expresión española que significa "a auga atópase alí".

Unha lenda local conta que o ex tirano haitiano Henri Christophe, rei de Haití desde 1811 ata 1820, escondeu o seu tesouro no nordés de Gran Inagua o punto onde el tiña un retiro de verán.

Documentouse que varios buques cargados de tesouros foron destruídos nos arrecifes Inaguanos entre os anos 1500 e 1825. Os dous máis valiosos das Inaguas son de galeóns españois cargados de tesouros chamados: Santa Rosa (1599) e a Infanta (1788). Outros buques de gran valor foron os británicos HMS Statira e o HMS Lowestoffe en 1802, e o francés Le Count De Paix en 1713.

Tenda de comestibles en Matthew Town, Gran Inagua.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]