Interleucina 13
PDB 1ga3 | |
Interleucina 13
| |
Identificadores | |
Símbolo | IL13 ; IL-13 ; P600 |
Entrez | 3596 |
OMIM | |
RefSeq | NP_002179 |
UniProt | P35225 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 5 :(131.99 – 132 Mb) |
A interleucina 13 (IL-13 ou IL13) é unha proteína citocina que nos humanos está codificada no xene IL13 do cromosoma 5.[1][2][3] A IL-13 foi clonada por primeira vez en 1993 e está localizado no locus 5q31 e ten unha lonxitude de 1,4kb. A IL-13 e a IL-4 teñen un 30% de semellanza de secuencia e unha estrutura similar.[1][4] A IL-13 é unha citocina segregada por moitos tipos celulares, pero especialmente polas células T colaboradoras de tipo 2 (Th2),[5] que é un mediador das enfermidades e inflamacións alérxicas.
Funcións
[editar | editar a fonte]A IL-13 ten efectos sobre as células inmunitarias que son similares aos da citocina moi relacionada IL-4. Porén, sospéitase que a IL-13 é un mediador máis central dos cambios fisiolóxicos inducidos pola inflamación alérxica en moitos tecidos.
Aínda que a IL-13 está asociada principalmente coa indución das enfermidades das vías aéreas, tamén ten propiedades anti-inflamatorias. A IL-13 induce unha clase de encimas que degradan proteínas, coñecidas como metaloproteinases de matriz (MMP), nas vías aéreas. Estes encimas cómpren para inducir a egresión do efecto das células inflamatorias parenquimáticas no lume das vías aéreas de onde son despois eliminadas. Entre outros factores, a IL-13 induce estas metaloproteinases de matriz como parte do mecanismo que protexe contra a inflamación alérxica excesiva que predispón á asfixia.
A IL-13 induce cambios nas células hematopoéticas, pero estes efectos son probablemente menos importantes que os exercidos pola IL-4. Ademais, a IL-13 pode inducir a secreción de inmunoglobulina E (IgE) por parte das células B activadas humanas. Un dato interesante é que a deleción de IL-13 nos ratos non afecta marcadamente ao desenvolvemento das células Th2 ou ás respostas de IgE específicas de antíxeno inducidas por alérxenos potentes. En comparación, a deleción de IL-4 anula estas respostas. Así, a IL-13 máis que actuar como citocina linfoide, actúa máis salientablemente como ponte molecular que liga as células inflamatorias alérxicas coas células non imunes en contacto con elas, alterando así a súa función fisiolóxica.
A IL-13 induce os seus efectos por medio dun receptor de IL-13 multisubunidades, que comprende a cadea alfa do receptor de IL-4 (IL-4Rα) e polo menos unha das dúas cadeas coñecidas para a unión específica á IL-13.[5] A maioría dos efectos biolóxicos da IL-13, igual que os da IL-4, están ligados a un só factor de transcrición chamado transdutor de sinais e activador da transcrición 6 (STAT6).
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]A IL-13 induce especificamente cambios fisiolóxicos nos órganos parasitados (por exemplo por vermes) que se requiren para expulsar aos organismos parasitos ou aos seus produtos. Por exemplo, a expulsión do intestino dos ratos de diversos helmintos (vermes) require que as células Th2 segreguen IL-13. A IL-13 induce varios cambios no intestino que crean un ambiente hostil ao parasito, incluíndo a potenciación das contraccións e da hipersecreción de glicoproteínas polas células do epitelio intestinal, que finalmente orixinan o despegamento do organismo parasito da parede intestinal e a súa eliminación.[6]
Os ovos do parasito Schistosoma mansoni poden alobergarse en diversos órganos como a parede intestinal, fígado, pulmóns e mesmo o sistema nervioso central, inducindo a formación de granulomas baixo o control da IL-13. Porén, aquí, o resultado final é un dano no órgano e con frecuencia unha doenza grave ou mesmo mortal, e non a resolución da infección. Un concepto emerxente é que a IL-13 pode antagonizar as respostas Th1 que se requiren para resolver as infeccións intracelulares. Neste contexto desregulado inmunitario, marcado polo recrutamento de números anormalmente grandes de células Th2, a IL-13 inhibe a capacidade das céllas inmunitarias do hóspede de destruír os patóxenos intracelulares.
A IL-13 induce moitas características da enfermidade pulmonar alérxica, incluíndo a hiper-resposta nas vías aéreas, metaplasia de células caliciformes e hipersecreeción de mucus, o cal contribúe á obstrución das vías aéreas.[7] A IL-4 contribúe a estes cambios fisiolóxicos, pero é menos importante que a IL-13. A IL-13 tamén induce a secreción de quimiocinas que son necesarias para o recrutamento de céllas efectoras alérxicas nos pulmóns. Os estudos en ratos transxénicos STAT6 suxiren a interesante posibilidade de que a sinalización por IL-13 que ocorre só a través do epitelio das vías aéreas é necesaria para a maioría destes efectos. Aínda que ningún estudo implicou aínda directamente a IL-13 no control de doenzas humanas, moitos dos polimorfismos no xene IL-13 determinan un aumento do risco de enfermidades respiratorias atópicas como a asma.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Minty A, Chalon P, Derocq JM, Dumont X, Guillemot JC, Kaghad M, Labit C, Leplatois P, Liauzun P, Miloux B (March 1993). "Interleukin-13 is a new human lymphokine regulating inflammatory and immune responses". Nature 362 (6417): 248–50. PMID 8096327. doi:10.1038/362248a0.
- ↑ McKenzie AN, Culpepper JA, de Waal Malefyt R, Brière F, Punnonen J, Aversa G, Sato A, Dang W, Cocks BG, Menon S (April 1993). "Interleukin 13, a T-cell-derived cytokine that regulates human monocyte and B-cell function". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 90 (8): 3735–9. PMC 46376. PMID 8097324. doi:10.1073/pnas.90.8.3735.
- ↑ Morgan JG, Dolganov GM, Robbins SE, Hinton LM, Lovett M (October 1992). "The selective isolation of novel cDNAs encoded by the regions surrounding the human interleukin 4 and 5 genes". Nucleic Acids Res. 20 (19): 5173–9. PMC 334302. PMID 1408833. doi:10.1093/nar/20.19.5173.
- ↑ Zurawski G, de Vries JE (January 1994). "Interleukin 13, an interleukin 4-like cytokine that acts on monocytes and B cells, but not on T cells". Immunol. Today 15 (1): 19–26. PMID 7907877. doi:10.1016/0167-5699(94)90021-3.
- ↑ 5,0 5,1 Wynn TA (2003). "IL-13 effector functions". Annu. Rev. Immunol. 21: 425–56. PMID 12615888. doi:10.1146/annurev.immunol.21.120601.141142.
- ↑ 6,0 6,1 Seyfizadeh N, Seyfizadeh N, Babaloo Z (2014). "Interleukin-13 as an Important Mediator: A Review on its Roles in Some Human Diseases". Iranian Journal of Allergy, Asthma and Immunology. In Press.
- ↑ Wills-Karp M, Luyimbazi J, Xu X, Schofield B, Neben TY, Karp CL, Donaldson DD (December 1998). "Interleukin-13: central mediator of allergic asthma". Science 282 (5397): 2258–61. PMID 9856949. doi:10.1126/science.282.5397.2258.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marone G, Florio G, Petraroli A, de Paulis A (2001). "Dysregulation of the IgE/Fc epsilon RI network in HIV-1 infection.". J. Allergy Clin. Immunol. 107 (1): 22–30. PMID 11149986. doi:10.1067/mai.2001.111589.
- Marone G, Florio G, Triggiani M, Petraroli A, de Paulis A (2001). "Mechanisms of IgE elevation in HIV-1 infection.". Crit. Rev. Immunol. 20 (6): 477–96. PMID 11396683. doi:10.1615/critrevimmunol.v20.i6.40.
- Skinnider BF, Kapp U, Mak TW (2003). "The role of interleukin 13 in classical Hodgkin lymphoma.". Leuk. Lymphoma 43 (6): 1203–10. PMID 12152987. doi:10.1080/10428190290026259.
- Izuhara K, Arima K, Yasunaga S (2003). "IL-4 and IL-13: their pathological roles in allergic diseases and their potential in developing new therapies.". Current drug targets. Inflammation and allergy 1 (3): 263–9. PMID 14561191. doi:10.2174/1568010023344661.
- Dessein A, Kouriba B, Eboumbou C, Dessein H, Argiro L, Marquet S, Elwali NE, Rodrigues V, Li Y, Doumbo O, Chevillard C (2005). "Interleukin-13 in the skin and interferon-gamma in the liver are key players in immune protection in human schistosomiasis.". Immunol. Rev. 201: 180–90. PMID 15361241. doi:10.1111/j.0105-2896.2004.00195.x.
- Copeland KF (2006). "Modulation of HIV-1 transcription by cytokines and chemokines.". Mini reviews in medicinal chemistry 5 (12): 1093–101. PMID 16375755. doi:10.2174/138955705774933383.