Interestatal 75
Interestatal 75 | |
---|---|
Rede | Interestatal |
Dimensións | |
Lonxitude | 1786,47 mi 2875 [1] km |
Localización | |
Inicio | Florida |
Fin | Míchigan |
Lugares que atravesa
|
A Interestatal 75 ( Abreviado I-75 ) é unha autoestrada interestatal de trazado norte-sur no área dos Grandes Lagos e o sueste dos Estados Unidos. Comeza desde a estrada estatal 826 (Palmetto Expressway) e a Estrada Estatal 924 (Gratigny Parkway) en Hialeah, Florida[2] e termina na ponte internacional de Sault Ste Marie, Míchigan[3] na fronteira coa provincia de Ontario no Canadá. A I-75 pasa a través de seis estados diferentes: Florida, Xeorxia, Tennessee, Kentucky, Ohio e Míchigan.
Debido aos altos niveis de tráfico na autoestrada gran parte da ruta é de seis carrís, ata nas zonas rurais. O segmento máis longo continuo de seis carrís (ou máis) é ao longo do I-75 desde o Turnpike da Florida en Wildwood, ao I-24 na zona de Chattanooga, co I-475 para aliviar o tráfico en Macon, malia este longo tramo ten unha excepción ás súas 3 carrís continuos en torno á división I-75/I-475 onde é de 2 carrís a cada lado nuns poucos quilómetros.
Longo da ruta
[editar | editar a fonte]Estados Unidos | |||
Km. | Estado | ||
757,81 | Florida | ||
571,49 | Xeorxia | ||
260,49 | Tennessee | ||
308,64 | Kentucky | ||
340,05 | Ohio | ||
636,56 | Míchigan | ||
2875.04 | Total |
Principais interseccións
[editar | editar a fonte]As principais interseccións desta ruta son:
- Interestatal 595 en Davie, Florida, que serve ao Aeroporto Internacional Fort Lauderdale-Hollywood
- Interestatal 4 preto de Tampa, Florida
- Interestatal 275 preto de Lutz, Florida
- Interestatal 10 en Lake City, Florida
- Interestatal 475 arredor de Macon, Xeorxia (dúas veces).
- Interestatal 16 en Macon, Xeorxia (Map)
- Interestatal 675 cerca de Stockbridge, Xeorxia
- Interestatal 85 en Atlanta, Xeorxia. Permanecen xuntas durante varios quilómetros polo centro nunha estrada coñecida como "Downtown Connector".
- Interestatal 20 en Atlanta
- Interestatal 24 en Chattanooga, Tennessee
- Interestatal 40 preto de Lenoir City, Tennessee. Permanecen xuntas ata Knoxville, Tennessee.
- Interestatal 64 en Lexington, Kentucky. Permanecen xuntas durante 6 millas (9,7 quilómetros) ao leste do centro de Lexington.
- Interestatal 71 en Walton, Kentucky. Permanecen xuntas ata Cincinnati, Ohio.
- Interestatal 275 en Erlanger, Kentucky.
- Interestatal 74 en Cincinnati
- Interestatal 70, en Vandalia, Ohio (preto de Dayton)
- Interestatal 80 / Interestatal 90 e Ohio Turnpike en Rossford, Ohio
- Interestatal 475 en Perrysburg, Ohio e Toledo, Ohio
- Interestatal 280 en Toledo, Ohio
- Interestatal 96 (Jeffries Freeway) en Detroit, Míchigan
- Interestatal 375 en Detroit
- Interestatal 94 (Ford Freeway) en Detroit
- Interestatal 69 en Flint, Míchigan
- Interestatal 475 en Flint
- Interestatal 675 en Saginaw, Míchigan
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Interestatal 75 en Míchigan Highways
- Interestatal 75 en Cincinnati-Transit.net