Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hengest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHengest

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor en Wikidata
Mortec. 488 Editar o valor en Wikidata
Gloucester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século V Editar o valor en Wikidata)
Compañeiro profesionalHorsa: Hengist e Horsa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRowena, Oisc de Kent Editar o valor en Wikidata
PaiWihtgils Editar o valor en Wikidata
IrmánsHorsa Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Sachsen-73
Escudo da cidade de Bünde, en Renania do Norte-Westfalia, que representa a Hengest e ao seu irmán Horsa dándose a man tras acordar a invasión de Gran Bretaña; acordo que, segundo a tradición, se produciu en Bünde.

Hengest ou Hengist, finado en 488?, foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V). lugartenente do rei danés Hnæf[1]. A súa figura protohistórica aparece no poema épico Beowulf e o fragmento de Finnsburg[2]. A súa figura lendaria aparece como o fundador do reino de Kent, un dos primeiros reinos anglosaxóns na illa.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En Beowulf cítase a Hildeburh, a irmá do rei Hnæf e esposa de Finn de Frisia. Tanto Hnæf como o fillo de Hildeburh e Finn caeron no campo de batalla, xunto a moitos guerreiros frisóns. Non está claro o papel de Finn na disputa que o leva a ofrecer un trato desfavorábel, pero Hengest rompe ese trato, mata a Finn e leva a Hildeburh de regreso a Dinamarca[4].

Historia ecclesiastica gentis Anglorum

[editar | editar a fonte]

En Historia ecclesiastica gentis Anglorum (século VIII) aparece un Hengest, irmán de Horsa, caudillos dun exército formado por anglos, saxóns e xutos. Horsa morreu en batalla contra os britóns e foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda. Fai unha xenealoxía dos irmáns, ambos os fillos de Wictgils fillo de Witta fillo de Woden, e que á súa vez Hengist era pai de Oeric, o cal o acompañou a Britania[5].

Crónica anglosaxoa

[editar | editar a fonte]

A Crónica anglosaxoa menciona a Batalla de Aylesford (455), cando Hengest combateu a Vortigern. Nesa batalla morreu o seu irmán Horsa[6].

Historia Brittonum

[editar | editar a fonte]

A Historia Brittonum menciona a Hengest e Horsa, a quen Vortigern permitiu asentarse co seu pobo en Thanet a cambio dos seus servizos como mercenarios para defender o reino contra os pictos. Hengest convenceu a Vortigern para que lle concedese máis terra e permitir a chegada de máis colonos, o que abriu o camiño ao asentamento xermánico na illa[7].

  1. Gwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196.
  2. Hengest
  3. Medeiros (2017), p. 205
  4. Beowulf, Líneas 1063–1159
  5. "Ecclesiastical History of the English Nation: Beda". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 
  6. Anglo-Saxon Chronicle Textos originales transcritos
  7. "Historia Brittonum en inglés". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Medeiros, Elton O.S. (2017). "Los escandinavos en Inglaterra". En Barreiro, Santiago; Birro, Renan. El mundo medieval: una introducción (volumen I) (en castelán). Ciudad Autónoma de Buenos Aires: Sociedad Argentina de Estudios Medievales. pp. 203–224. ISBN 978-987-42-6119-9. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]