Heliporto de Alxeciras
Heliporto de Alxeciras Helipuerto de Algeciras
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario/Operador | Aena | ||
Cidade/Illa | Alxeciras | ||
Localización | Porto de Alxeciras | ||
Elevación (msnm) | 30 metros / 98.4 pés | ||
Coordenadas | 36°07′44″N 05°26′28″O / 36.12889, -5.44111 | ||
Web | |||
Heliporto(s) | |||
Número | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
H01 | 2400 m² | 25833.385 ft² | Asfalto |
Estatísticas (2010) | |||
Pasaxeiros | 10.999 | ||
Carga | 0 | ||
Operacións | 1.340 |
O Heliporto de Alxeciras é un heliporto público situado no porto da cidade andaluza de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi inaugurado o 1 de xullo de 2010 polo ministro de fomento, José Blanco. É o segundo heliporto da rede Aena tras o heliporto de Ceuta.
Instalacións
[editar | editar a fonte]O heliporto divídese en dúas partes: a terminal de pasaxeiros e a plataforma de engalaxe e aterraxe. A terminal de pasaxeiros é parte da xa existente no porto de Alxeciras, na que se adaptou unha zona para atender as necesidades do heliporto. A plataforma en cambio sitúase sitúase na cuberta do aparcadoiro do porto de Alxeciras, para o que se modificou a última planta do aparcadoiro situando unha estrutura metálica que inclúe a zona de aterraxe e as instalacións de bombeiros e mantemento. Esta plataforma ten 2.400 m² e sitúase a 30 metros sobre o nivel do mar. A terminal e a plataforma están unidas por unhas pasarelas exteriores cubertas. O custo foi superior aos 7 millóns de euros.
Encóntrase a 500 metros da estación de tren e a estación de autobuses de Alxeciras.
Destinos
[editar | editar a fonte]O heliporto ten como principal obxectivo a conexión co heliporto de Ceuta, cun tempo de voo de 7 minutos. A conexión é operada por Helicópteros del Sureste dende o 5 de xullo de 2010 con 41 voos semanais con helicópteros AgustaWestland AW139 cunha capacidade de 15 pasaxeiros.