Harmónica
A harmónica[1] ou filharmónica,[2] é un instrumento de vento empregado en todo o mundo en moitos xéneros musicais, especialmente no blues, na música folk estadounidense, na música clásica, no jazz, na música country e no rock. A harmónica tócase empregando a boca (beizos e lingua) para dirixir o aire dentro ou fóra dun ou máis buratos da pez. Tras cada burato hai unha cámara que contén polo menos unha palleta.
Historia
[editar | editar a fonte]Aproximadamente en 3000 a.C. inventouse na China a armónica de cristal. A emperatriz Nyn-Kwa posuía un instrumento de palleta coñecido como sheng («voz sublime»).
En 1821, un reloxeiro alemán de 16 anos chamado Christian Friedrich Ludwig Buschmann inventou unha especie de harmónica de boca ao unir quince palletas de tubo empregadas para a afinación dos órganos).[3] Deulle o nome de Mund-eoline («arpa eólica de boca»).[4] A idea foi recollida inmediatamene por outro reloxeiro alemán, Christian Messner.
En 1822, Christian Buschmann agregou á súa harmónica un fol de coiro vertical para ter as mans libres para o seu traballo. Un construtor de instrumentos musicais, o vienés Cyrillus Demian (1772-1847), tomou esta idea, desenvolveuna e en 1829 construíu o primeiro acordeón. Buschmann perfeccionou a súa harmónica como instrumento musical en 1827.
En 1830, un inventor de Bohemia, Richter, inventou o instrumento como se coñece na actualidade con dez buratos, vinte palletas e alternancia de sopro e aspiración. A súa escala diatónica volveuse famosa como «afinación de Richter». Trinta anos máis tarde, a «harmónica de boca vienesa» chegou de novo a Alemaña e o reloxeiro de 24 anos Matthias Hohner mercou unha das creacións de Buschmann e copiouna comercialmente no seu obradoiro dende o ano 1857. A súa localidade, Trossingen, converteuse no centro mundial de produción de harmónicas. Durante a Alemaña nazi, os seus fillos abriron o Colexio de Música do Estado (1935), que produciu máis de 3000 mestres de harmónica.
A guerra de secesión aumentou a popularidade da harmónica. Hohner xa enviara varias aos seus parentes nos Estados Unidos e os soldados considerábanas fáciles de levar e de tocar. Contra 1900 a metade das harmónicas fabricadas en Alemaña vendíanse nos Estados Unidos.
Tipos
[editar | editar a fonte]- Harmónica cromática
- Harmónica diatónica
- Harmónica de trémolo
- Harmónica oitavada
- Harmónicas orquestrais
- Harmónica orquestral melódica
- Harmónica de acordes
- Harmónica ChengGong
- Afinador soprador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para harmónica.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para filharmónica.
- ↑ Conny Restle: In aller Munde, S. 43, Staatl. Institut für Musikforschung, Berlín 2003.
- ↑ "Aeolina". Encyclopaedia Britannica (en inglés) 1 (14 ed.). 1930. p. 222.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harmónica |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |