Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hao Jingfang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHao Jingfang

(2017) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 郝景芳 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Tianjin, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Tsinghua - economía (–2013) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, escritora, ensaísta, escritora de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción Editar o valor en Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 Editar o valor en Wikidata
Premios

Instagram: jingfanghao BNE: XX6129457 Editar o valor en Wikidata

Hao Jingfang (chinés simplificado: 郝景芳; pinyin: Hǎo Jǐngfāng), nada en Tianjin en 1984, é unha escritora chinesa e economista marxista, co rango de experta asesora, parte do comité CDRF (China Development Research Foundation) que asesora sobre macroeconomía ao Consello do Estado chinés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras cursar estudos de Física na Universidade de Tsinghua e licenciarse no Centro de Astrofísica da mesma localidade, Hao obtivo un doutoramento en Economía e Administración de Empresas. A súa análise económica e obra narrativa combínase no relato longo Entre as dobras de Pequín (premio Hugo ao mellor relato do ano 2016) unha historia que trata sobre como se pode reforzar unha maior estratificación social grazas a melloras na produtividade derivadas da tecnoloxía. Aproveitando a notoriedade do galardón, fundou un proxecto empresarial con fins sociais, WePlan, para fomentar a educación infantil en rexións rurais e pobres da China.

Cun perfil moi enfocado na ciencia ficción, con obras do xénero galardoadas co Yinhe (Galaxy) e o Xingyun (Nebula), Hao Jingfang circunscríbese pola crítica nun espectro máis amplo, dentro da narrativa xeralista. Por exemplo, a súa novela Born in 1984 é un exemplo de narrativa xeralista, así como o seu libro de ensaios sobre viaxes Return to Charon.[1]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • The Last Brave Man publicado no 2012, ciencia ficción onde o futuro é moi próximo ao presente actual, en proxecto para ser trasladada ao cinema por parte do director Yang Chao [2]
  • Return to Charon (平装) publicado en agosto do 2012.
  • Entre as dobras de Pekín (北京折叠) novela publicada no 2015 , ISBN 978-3942788380.
  • Born in 1984 publicada no 2016.
  • Vagabundos (流浪苍穹) novela publicada no 2018, ISBN 978-3499274183.
  • O tren de aninovo (过年回家) relato curto publicado na revista ELLE en xaneiro de 2017, por encargo, o que segundo o crítico Ken Liu reflexa o crecente interese na ciencia ficción en China por parte do públixo xeral[3]. O conto narra como unha empresa de trens inventa o desprazamento por curva braquistócrona para permitir que todos os chineses volvan as súas vilas e provincias durante o aninovo chino, unha pequena migración interna anual chinesa moi complexa de soster polo transporte público e privado chinés actual.
  • Journey of God publicado en agosto do 2021
  1. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 217–. ISBN 978-84-9181-924-0. 
  2. https://www.chinadaily.com.cn/culture/2017-03/02/content_28401694.htm
  3. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 218–. ISBN 978-84-9181-924-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • 郝景芳 (La literatura china traducida en España)