Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Holotipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Holótipo de Marocaster coronatus.
Museo de Historia Natural de Tolosa (MHNT)

En taxonomía denomínase holotipo,[1][2][3] ou holótipo,[4] a un espécime físico único (ou ilustración) dun organismo que se sabe que se usou cando a especie (o outro taxon de menor rango) se describiu formalmente.

Segundo o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN), un holotipo é un dos diferentes "tipos portanome".

No Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas (ICZN), as definicións dos tipos son similares en intención, pero non idénticas en terminoloxía ou conceptos subxacentes.

Por exemplo, o holotipo para a subespecie de bolboreta Plebejus idas longinus é un espécime conservado no Museo de Anatomía Comparada da Universidade de Harvard.

Un holotipo non é necesariamente «típico» do seu taxon, aínda que idealmente debería selo.

Ás veces, só un fragmento dun organismo é o holotipo, particularmente no caso de fósiles. Por exemplo, o holotipo de Pelorosaurus humerocristatus, un gran dinosaurio herbívoro do Xurásico temperán, é o óso fósil dunha pata conservado no Museo de Historia Natural de Londres. Incluso se posteriormente se encontra un espécime mellor, o holotipo non se substitúe.

Un isotipo, ou isótipo é un duplicado do holotipo, e moitas veces se fai para plantas, onde o holotipo e os isotipos son a miúdo partes da mesma planta individual ou mostras da mesma recolección.

  1. VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume II. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-072-8.
  2. VV. AA. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  3. VV. AA. (2006): Gran dicionario Século21 da lingua galega. Vigo: Editorial Galaxia/Edicións do Cumio. ISBN 84-8288-874-7 (Galaxia) / ISBN 84-8289-341-6 (Cumio).
  4. Garrido, C. (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. Alemám, inglês, espanhol, galego-português. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]