Kestrel
Representación dun motor Kestrel. | |
País de orixe | Estados Unidos[1] |
---|---|
Primeiro voo | 2006[1] |
Fabricante | SpaceX |
Aplicación | Motor principal da segunda etapa do Falcon 1[1] |
Motor de combustible líquido | |
Propelente | Osíxeno líquido[1] / Queroseno[1] |
Rendemento | |
Pulo | 30,7 kN[1] |
Taxa de pulo a peso | 65[1] |
Impulso específico | 320 s[1] |
Dimensións | |
Peso seco | 52 kg[1] |
Usado en | |
Falcon 1 |
O motor foguete Kestrel (lagarteiro en inglés) é un motor alimentado por osíxeno líquido e queroseno desenvolvido por SpaceX para uso na segunda etapa do foguete Falcon 1. É un motor de alta eficiencia e baixa presión deseñado para funcionar no baleiro. Non usa turbobomba e o propelente alimenta o motor mediante a presión do propio tanque de propelente. O motor refrixérase ablativamente a nivel da cámara de combustión e radiativamente na tobeira, fabricada nunha aliaxe de niobio. O control do vector de impulso en guiñada e cabeceo conséguese mediante actuadores electromecánicos na cúpula do motor. O contro en alabeo e o control de actitude durante as fases de costeo conséguese mediante propulsores de helio. O motor ten encendedores redundantes para mellorar a fiablidade da ignición no baleiro, capaces de varios reencendidos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kestrel |