Karen Blixen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Karen Christentze Dinesen 17 de abril de 1885 Rungstedlund, Dinamarca (en) |
Morte | 7 de setembro de 1962 (77 anos) Rungstedlund (Dinamarca) |
Lugar de sepultura | Rungstedlund (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa e poesía |
Ocupación | escritora de contos |
Período de actividade | 1905 - 1959 |
Membro de | |
Xénero artístico | Neo-romantismo (pt) , literatura gótica (pt) e realismo máxico |
Pseudónimo literario | Tania Blixen Pierre Andrézel Isak Dinesen Osceola |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Bror von Blixen-Finecke (1914–) |
Pais | Wilhelm Dinesen e Ingeborg Dinesen |
Irmáns | Thomas Dinesen Ellen Dahl |
Parentes | Bror von Blixen-Finecke, curmán segundo |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.61–62) >>>:Blixen-Fenicke, Karen (geb. Dinesen, Ps. Isak Dinesen) |
Sitio web | karenblixen.com |
|
Karen Christence Blixen-Finecke, tamén coñecida polos sobrenomes Isak Dinesen e Pierre Andrézel, nada en Rungsted o 17 de abril de 1885 e finada o 7 de setembro de 1962, foi unha escritora de orixe dinamarqués en lingua inglesa e dinamarquesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nenez
[editar | editar a fonte]Karen Blixen naceu en Rungstedlund, ao norte da illa danesa de Selandia, sendo a segunda filla dun grupo de cinco rapaces: Inger, Karen, Ellen (mozas), Thomas e Anders (rapaces, os mais novos dos cinco) nacidos da unión entre o escritor e capitán Wilhelm Dinesen e Ingeborg Dinesen. En 1895 Wilhelm Dinesen, o pai, suicidouse á idade 49 anos, e así ficou a nai soa cos cativos que daquela tiñan entre un e doce anos. O seu pai viña dunha familia próspera, a súa nai non. Karen, pola súa parte, medrou nunha contorna semellante á dunha familia nobre; tiñan criados e solvencia económica. Hoxe en día a súa casa de infancia en Rungstedlund está convertida nun museo, o Museo de Karen Blixen.
Viaxe a África e volta a Dinamarca
[editar | editar a fonte]En 1914, Blixen trasladouse á África do Leste, daquela baixo dominio británico, o que hoxe é Kenya. Alí tiña unha plantación de café principiada xunto ao marido, o seu curmán segundo o barón Bror Blixen-Finecke, con quen casara aquel mesmo ano. En 1921 separáronse e no ano 1925 divorciáronse, mais Blixen ficou en África até 1931. Era moi feliz coa vida na granxa, mais había ao menos tres razóns que motivaban o seu regreso a Dinamarca:
- A saúde: Dende 1914 sufría de sífilis e tivo que regresar en numerosas ocasións a Dinamarca para recibir tratamento.
- A crise mundial: Sensíbel á Crise de 1929, tivo dificultades coa economía da plantación.
- O amor: En 1918 coñeceu a Denys Finch-Hatton, un piloto e cazador de animais salvaxes inglés. Pasaron de ser coñecidos a ser amantes, e entre 1926 e 1931 Finch-Hatton estabeleceu a granxa coma a súa base para o tempo no que non andaba de caza ou pilotando. O 14 de maio de 1931 chocou co avión en pleno voo e feneceu.
Así as cousas, Blixen volveu a Dinamarca e alí estivo até a súa morte en 1962. As súas experiencias en África aparecen reflectidas nos seus libros Out of Africa (1937) e Skygger på Græsset -en galego, Sombras sobre a Herba- (1960).
Obra
[editar | editar a fonte]- Sandhedens hævn (Copenhaguen, 1926)
- Seven Gothic Tales (Londres, 1934), Syv fantastiske Fortællinger (Copenhaguen, 1935)
- Out of Africa (Londres, 1937), Den afrikanske Farm (Copenhaguen, 1937)
- Winter's Tales (Londres, 1942), Vinter-Eventyr (Copenhaguen, 1942)
- Gengældelsens Veje (Copenhaguen, 1944)
- Skygger på Græsset (Copenhaguen, 1960)
Póstuma
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Traducida ao galego por Xesús Araúxo e publicada por Sotelo Blanco en 1997.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karen Blixen |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Karen Blixen – Isak Dinesen (en inglés)
- Pequena biografía de Isak Dinesen/Karen Blixen (en inglés)
- Museo Karen Blixen, Dinamarca (en inglés)
- Museo Karen Blixen, Kenya (en inglés)