Fred Thompson
Fred Dalton Thompson, nado Freddie Dalton Thompson;[1][2] o 19 de agosto de 1942 en Sheffield (Alabama) e finado o 1 de novembro de 2015[3], foi un actor e político estadounidense do Partido Republicano, senador por Tennessee de 1994 a 2003.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thompson aparece en gran número de telefilmes e series de televisión, frecuentemente interpretando figuras gobernamentais[4]. Ao final do seu mandato como senador, en 2002, comezou a actuar na serie da NBC Law & Order, interpretando ao fiscal do distrito de Manhattan Arthur Branch.
Thompson serviu como presidente do Comité Asesor de Seguridade Internacional (ISAB) (2006-2007) do Departamento de Estado, foi membro da Comisión de Revisión en Economía e Seguridade China-EEUU, do Council on Foreign Relations, tamén contribúe ocasionalmente co American Enterprise Institute, especializándose en seguridade nacional e intelixencia.[5]. De 2006 a 2007 foi analista político para ABC News Radio.
En maio de 2007 anunciou que se ía presentar a súa candidatura para o nomeamento republicano para as eleccións presidenciais de 2008, pero polo pouco apoio recibido nas primeiras eleccións primarias retirou a súa candidatura. En 2009 volveu a actuar como actor convidado en varias series e principiou o seu propio programa de radio, The Fred Thompson Show, en Westwood One presentado coa súa dona, Jeri; tamén protagonizou xunto con Brian Dennehy o telefilme Alleged.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Humphrey, Tom (2007-09-07). "Fred, Freddie — he's still F.D. Thompson: New details emerge on personal life of newly announced candidate". Knoxville News Sentinel. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2013. Consultado o 2007-09-08.
- ↑ Mathews, Joe. “An in-law-made man”, Los Angeles Times (2007-09-06): “Thompson stopped using the name Freddie in his professional dealings and became Fred.”
- ↑ Muere el actor y aspirante a la Casa Blanca Fred Thompson, en El Mundo o 2 de novembro de 2015. (en castelán)
- ↑ Bragg, Rick (November 12, 1994). "Grits and Glitter Campaign Helps Actor Who Played a Senator Become One". The New York Times. pp. Sec. 1, p. 10. Consultado o 2007-04-08.
- ↑ Thompson, Fred. "Modern Political Archives: Fred Thompson Papers, 1993–2002". Universidade de Tennessee. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2006. Consultado o 2007-04-08.
- ↑ Liz Shaw (August 29, 2009). "Brian Dennehy, Fred Thompson to star in film shooting at Crossroads Village". The Flint Journal.
- Actores de Alabama
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Senadores dos Estados Unidos de América
- Personalidades da radio dos Estados Unidos de América
- Nados no condado de Colbert
- Nados en 1942
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa