Francisco Otero Guldrís
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1928 Santiago de Compostela, España |
Morte | 21 de setembro de 2019 (91 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Francisco Otero Guldrís, nado en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1928 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2019[1], foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito e Graduado Social. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo (Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores e Manuel Vidán) que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Noche e Opinión Gallega. Estableceuse en Vigo como letrado e redactor de El Pueblo Gallego, e en 1978 foi elixido presidente da Asociación da Prensa de Vigo[2]. Colaborou na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Nieves e tivo cinco fillos: Francisco Abel, José Ángel, Carmen Rosa, Nieves Pilar e Emma. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Francisco Otero Guldrís - esquela". Red La Fe. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2019.
- ↑ "Francisco Otero Guldrís". El País. 12 de marzo de 1978.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Otero Guldrís, Francisco Ángel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 45.