Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fabio Maria Asquini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFabio Maria Asquini

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1802 Editar o valor en Wikidata
Fagagna, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte23 de decembro de 1878 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
1862 – 1863
← Gaspare Bernardo Pianetti (pt) TraducirNiccola Clarelli Parracciani →
Cardeal
22 de xaneiro de 1844 –
Arcebispo católico
8 de outubro de 1837 –
Arcebispo titular
2 de outubro de 1837 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónColégio Romano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1825–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónCarlo Odescalchi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de febreiro de 1878conclave de 1878
8 de decembro de 1869Concilio Vaticano Primeiro
1846Conclave de 1846 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Fabio Maria Asquini, nado o 14 de agosto de 1802 en Fagagna e finado o 23 de decembro de 1878 en Roma, foi un eclesiástico católico latino, cardeal da Igrexa católica dende 1844, quen desempeñou varios encargos na Curia Romana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 14 de agosto de 1802 en Fagagna. O 26 de febreiro de 1825 foi ordenado sacerdote.

O 2 de outubro de 1837 foi nomeado arcebispo titular de Tarso. Recibiu a consagración episcopal o 8 de outubro seguinte de mans do cardeal Carlo Odescalchi.

O 22 de decembro de 1837 foi nomeado nuncio apostólico en Sicilia.

O 9 de abril de 1839 foi nomeado secretario da Congregación dos Bispos e Regulares.

O 22 de xaneiro de 1844 o papa Gregorio XVI creouno cardeal in pectore e nomeouno patriarca titular de Constantinopla.

Foi proclamado cardeal publicamente o 24 de abril de 1845, co título de cardeal-presbítero de Santo Stefano al Monte Celio. Participou no conclave de 1846 que elixiu a Pío IX.

O 2 de maio de 1847 foi nomeado prefecto da Congregación para as Indulxencias e as Reliquias.

O 8 de maio de 1863 foi nomeado prefecto da Congregación da Inmunidade Eclesiástica. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[1]

O 12 de xullo de 1872 foi nomeado secretario da Secretaría dos Breves aos Príncipes e para as Cartas Latinas. O 21 de setembro de 1877 foi nomeado cardeal-presbítero de San Lorenzo in Lucina.

Participou no conclave de 1878 que elixiu a León XIII. Finou no cargo o 23 de decembro de 1878, en Roma.

  1. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 5. Asquini Fabio Maria Cardinale dell'Ordine dei Preti.