Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eurypyga helias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurypyga helias
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Euripygyformes
Familia: Eurypygidae
Selby, 1840
Xénero: Eurypyga
Illiger, 1811
Especie: E. helias
Pallas, 1781
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

A Eurypyga helias é unha especie de ave da orde Euripygyformes, única representante do seu xénero (Eurypyga) e da súa familia (Eurypygidae). Habita nas rexións tropicais de América.

Descrición

[editar | editar a fonte]
A colorido plumaxe de Eurypyga helias.

Esta é unha ave esvelta cun andar pausado. Mide de 43 a 48 cm, e ten un peso de arredor de 250 gramos. O peteiro é alaranxado coa base de cor negra e o iris avermellado.

A cor das ás é o detalle máis rechamante, son de cor castaña, amarela, negra, branca, oliva e gris con dúas franxas castaña e negra; e desprégaas no cortexo. En voo, pode verse un ocelo grande e escuro en cada á. As cores luminosas tamén se usan para sobresaltar ós predadores potenciais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]