Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Euporia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euporie (ou en grego Ευπορία), tamén coñecida coma Xúpiter XXXIV, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 J 10.[1][2] Recibiu oficialmente o nome de Euporia, a deusa grega da abundancia e unha das Horas (e polo tanto filla de Zeus).[3]

A lúa ten un diámetro duns 2 kms e órbita Xúpiter a unha distancia media duns 19,088 Gm en 538,780 días, cunha inclinación orbital de 145° respecto da eclíptica (145° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,0960[Cómpre referencia]. Euporia é o membro máis interior do grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares retrógradas que órbita Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm, con inclinacións próximas ós 150°.

  1. IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de Maio do 2002 (descubrimento)
  2. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de Maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. Agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]