Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estreito de Macasar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEstreito de Macasar
Imaxe
Tipoestreito Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIndonesia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 0°50′00″S 118°10′00″L / -0.8333, 118.1667
Afluentes
Características
Profundidade2.458 m Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5780837

O estreito de Makassar é un estreito entre as illas de Borneo e Célebes en Indonesia. Ao norte únese ao Mar de Célebes, mentres que ao sur atopa o Mar de Xava.

O río Mahakam, na illa de Borneo, verte as súas augas no estreito. Os principais portos situados nas súas costas son os de Balikpapan (780.000 hab. en 2007) e Bontam, en Borneo, e os de Macasar (1.315.000 hab. en 2004) e Palu (335.297 hab. en 2010) en Célebes. A cidade de Samarinda, en Borneo, localizada a beiras do Mahakam, atópase uns 48 km río arriba.

O estreito é unha ruta de envío común para os buques oceánicos que son demasiado grandes para atravesar o Estreito de Malaca.

Extensión

[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional (OHI) define o Estreito de Makassar como unha das augas do Arquipélago das Indias Orientais. A OHI define os seus límites como segue:[1]

A canle entre a costa leste de Borneo e a costa oeste de Celebes está delimitada:

No norte. Por unha liña que une Tanjong Mangkalihat, Borneo (1°02′N 118°57′L / 1.033, -118.950) e Stroomen Kaap (Cabo Rivers), Celebes (1°20′N 120°52′L / 1.333, -120.867).

No sur. Por unha liña desde o extremo suroeste de Celebes (5°37′S 119°27′L / -5.617, -119.450), a través da punta sur de Tana Keke, a o extremo sur da Illa Laut (Laoet) (4°06′S 116°06′L / -4.100, -116.100) desde a costa occidental da illa ata Tanjong Kiwi e desde alí cara a Tanjong Petang, Borneo (3°37′S 115°57′L / -3.617, -115.950) no extremo meridional do estreito de Laoet.

  1. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Macassar Strait: OS (Oceans) National Geospatial-Intelligence Agency, Bethesda, MD, USA