Estación de Vedra-Ribadulla
Vedra-Ribadulla | |
---|---|
Situación | Vedra |
Liñas | |
Media distancia | Rexional |
Vedra-Ribadulla é unha estación de tren de Adif situada en Ribadulla, no concello de Vedra, provincia da Coruña. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 355,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 172 metros de altitude, entre as estacións de Santiago de Compostela e A Bandeira.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por dous pisos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 20 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
2 | MD | Santiago de Compostela | <> | Ourense-San Francisco |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballiño (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway