Elliott 6m
Aparencia
O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.
Características
[editar | editar a fonte]As regatas das olimpíadas neste tipo de embarcación disputáronse na modalidade de match race, onde as galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiana Ángela Pumariega conseguiron a medalla de ouro[1][2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resultados das probas de Élliott 6m. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).
- ↑ As galegas Sofía Toro e Tamara Echegoyen conquistan o terceiro ouro para España en Londres 2012, artigo de La Voz de Galicia do 12/08/2012 (en galego).