El Paso, La Palma
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
El Paso (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.967 (2023) (58,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 136 km² | ||||
Altitude | 630 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Inmaculada Concepción | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38750 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38027 | ||||
Páxina web | ayuntamientodeelpaso.org |
El Paso é un municipio situado na illa de La Palma, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, no arquipélago das Canarias.
Xeograficamente está situado no centro da illa de La Palma, e abrangue cara ao oeste a Caldera de Taburiente, parte do Val do Aridane, Cumbre Nueva e Cumbre Vieja. É o municipio meirande da illa e o único dos 14 municipios da Palma que carece de franxa costeira. En 2018 tiña unha poboación de 7.543 habitantes.[1]
O núcleo de poboación debe ter as súas orixes na era prehispánica da illa. Case certamente, polos gravados atopados na zona, consistía nun principio nun asentamento temporal de pastores benahoaritas.[2] Durante a colonización e a maior parte da Idade Moderna o actual territorio do municipio formou parte administrativamente do Val de Ariadne. En 1837 segregouse do concello de Los Llanos de Aridane e en 1910, baixo o reinado de Afonso XII, o municipio gañou o título de Cidade.[3]
No cume do municipio atópase o exemplar máis antigo de piñeiro das Canarias, cunha idade estimada en máis de 1000 anos.[4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ocupa unha superficie de 135,92 km², que o fai o municipio máis extenso da illa de La Palma. Ten unha poboación de 7.543 habitantes, un descenso en comparación cos 7.947 que tiña en xaneiro de 2011, o seu máximo histórico. A capital do municipio, a cidade de El Paso, está situada a unha altitude de 644 metros sobre o nivel do mar. Trátase do único municipio interior de La Palma. Linda con todos os concellos da illa excepto con Tazacorte.
Algúns barrios e localidades do municipio son Tacande, Las Manchas, La Rosa, Camino Viejo, Tenerra, Los Barriales, Fátima, El Paso de Abajo, Cajita del Agua, El Calvario, Tendiña, Tajuya e Los Dos Pinos.
Neste termo municipal áchase o Parque Nacional da Caldera de Taburiente, así como o Parque Natural de Cumbre Vieja. Outras paraxes naturais de interese son a Cumbrecita, o Pico Bejenao, o Llano la Negra, o Pico Virigoyo ou Verigoyo, a Cumbre Nueva, o Volcán de Tacande ou o Volcán de San Juan.
Unha extensión importante do municipio está cuberta por bosques de piñeiro canario.
Economía
[editar | editar a fonte]Na agricultura destaca a viña (plantación de vide), a amendoeira e algunhas árbores froiteiras. Ata hai unhas décadas houbo tamén unha importante actividade gandeira (caprina e bovina), pero hoxe esta práctica está en desuso.
Canto á economía, cabe apuntar o duro golpe que supuxo, non só para este municipio, o peche da fábrica de tabacos que daba emprego a uns 250 traballadores. A fábrica foi fundada en 1923 pola familia Capote e anos máis tarde pasou á multinacional RJR. Esta vendeuna á JTI, que pechou as instalacións no ano 2000. Na actualidade, as antigas naves da fábrica de tabaco están consideradas zona industrial para novas empresas.
Festas
[editar | editar a fonte]A festividade máis importante do municipio é a romaxe da Virgen del Pino, patroa do concello, que se celebra o primeiro domingo de setembro na ermida na que se garda a súa imaxe, preto da Cumbrecita. A celebración consiste nunha misa, procesión, xantar de romeiros, carreira de cabalos e recital de poesía, que reúne nun concurso os famosos Versadores, unha das xoias etnográficas do patrimonio inmaterial que a illa de La Palma atesoura entre as súas tradicións culturais. Cada tres anos, o segundo sábado de agosto celébrase a baixada da Virxe desde a ermida ata o centro da cidade, na que permanece ata a véspera da súa onomástica, o 8 de setembro, cando é levada de volta á ermida. Durante estas celebracións, á parte da romaría que acompaña a imaxe ata o centro de El Paso e viceversa, organízanse exposicións, concertos musicais, danza e xogos tradicionais, xornadas de cine etc.
O Carnaval é outra das festas do municipio, así como o Sagrado Corazón, cuxa imaxe é paseada procesionalmente entre arcos e alfombras florais.
Notas
- ↑ "INEbase. CONSUL". www.ine.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2017. Consultado o 2017-04-16.
- ↑ Pais Pais, Felipe Jorge (2014). "Estrategias Sociales en La explotación del territorio entre los Benhaoaritas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2017.
- ↑ "El Paso, de una 'tierna venganza' a ciudad centenaria". eldia.es (en castelán). 2010-08-26. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 2017-04-16.
- ↑ "El pino más viejo de Canarias tiene achaques". eldiario.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2018. Consultado o 2017-04-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Paso, La Palma |