Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ensanche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plan dos arredores da cidade de Barcelona e do proxecto para a súa mellora e ampliación de Ildefons Cerdà (1859). Paradigma dos ensanches decimonónicos en España.
Plan de Reforma e Ensanche de Miranda de Ebro por Federico Keller (1903).

Ensanche é un terreo urbano adicado ás edificacións nos arrabaldes dunha poboación, normalmente mediante urbanismo planificado. Tamén define a ampliación da cidade. Adoitan desenvolverse mediante un plano en cuadrícula ou plano ortogonal.

Cando o crecemento demográfico e as novas actividades con requisitos intensivos de chan, como o ferrocarril, obrigaron a un crecemento extramuros das cidades e o derrubamento das antigas murallas, que perderan todo o seu valor militar e tenían só a función fiscal de aduana. En moitos casos, este crecemento proxectado e concibido para conseguir unha cidade saudable por e para a burguesía, desvirtuouse co paso do tempo por mor da especulación e a medida que a cidade seguiu medrando, foron desaparecendo progresivamente os espazos verdes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]