Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Encarna Otero Cepeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Encarna Otero»)
Modelo:BiografíaEncarna Otero Cepeda

Encarna Otero nunha entrevista en 2017.
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Tolosa-Jean Jaurès Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, mestra e política
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

BNE: XX961128 BUSC: otero-encarna-1950 Dialnet: 2278284

Encarna Otero Cepeda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail.[2]

En 1978 xa é profesora agregada de Xeografía e Historia, exercendo no IES Eduardo Pondal en Santiago. Desde 1986 formou parte do Seminario Permanente de Historia de COU baixo a coordinación de Ramón Villares Paz.

Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos.[1]

Desde o ano 1970 militou activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participou no movemento antifranquista e coñeceu directamente a realidade do exilio. Desde 1982 formou parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Centro histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego.[1]

No ano 2010 volveu ás aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.

En decembro de 2013 foi presentado un documental feito en colaboración co Consello da Cultura Galega sobre as mulleres que traballaron no wolframio, titulado "A luz do negro".

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Historia do Mundo Contemporáneo (1986). Galaxia-SM.
  • Guía de Historia do Mundo Contemporáneo (1987). USC.
  • A ollada exterior do nacionalismo galego (2011). Fundación Galiza Sempre.
  • Ciencias Sociais para 4º de ESO. A Nosa Terra

Audiovisual

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "Encarna Otero Cepeda Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-07-25. 
  2. "Otero, Encarna". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-25. 
  3. "Encarna Otero, premiada polo seu activismo a prol do feminismo". La Voz de Galicia. 2024-07-25. Consultado o 2024-07-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]