Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Andaina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andaina
PaísEspaña
LugarSantiago de Compostela
Lingualingua galega
Fundación1983
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal
Circulación
ISSN2483-6346
OCLC436551242
Na rede
https://andainamulleres.gal/wordpress/
Dialnet: 7330
editar datos en Wikidata ]

Andaina é unha revista galega editada en Santiago de Compostela dende 1983 promovida pola Asociación Galega da Muller.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista do movemento feminista-Galicia, apareceu en xaneiro de 1983 da man das organizacións que formaron a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas (CNOF). O seu obxectivo fundacional foi "Difundir e animar o debate en torno ás posicións e teorías feministas existentes, á vez que denunciar as situacións de violencia e discriminación que lles acontecen ás mulleres”.[2]

Na súa primeira fase (1983-1991)[3] os seus contidos estaban moi vinculados ás campañas e debates das organizacións que lle deron pulo. Estaba dirixida por Nanina Santos. En 1991 iniciou unha segunda época co subtitulo Revista galega de pensamento feminista dirixida por Ana Arellano. Cun formato de novo deseño, aborda temas de información e reflexión feminista máis diversos, redactada integramente en galego. A diferenza da primeira época, non está directamente vinculada con ningunha organización.

Con motivo do trinta aniversario da súa publicación, no ano 2013, fixeron un facsímile do número 0 da revista. Nunha editorial dese ano lembraron algúns dos temas tratados nas súas páxinas como a violencia contra as mulleres, a sexualidade e a identidade sexual, a prostitución, o traballo doméstico e a desigualdade do reparto das tarefas domésticas entre outros.[4]Grazas a Andaina, "pódese seguir como evolucionou o feminismo nestes anos; os debates que se deron e as diferentes posicións que existiron, e que existen, á hora de analizar a situación das mulleres e de propor medidas para avanzar".[4]

En 2014 Andaina conseguiu o Premio Luceira de comunicación social, xunto a Galiza Contrainfo e Galiza Ano Cero.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]