Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

ESCP Business School

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ESCP Business School
Logo
TipoEscola de negocios, institución educativa e universidade privada
Data de fundación1 de decembro de 1819 e 1819
Fundador(es)Vital Roux e Jean-Baptiste Say
Orzamento102000000 euros
Organización matrizHESAM University e CCI Paris Île-de-France
Sede11.º arrondissement de Paris
EnParís, Berlín, Madrid, Varsovia, Turín e Londres
PaísFrancia, Reino Unido, España, Alemaña, Italia e Polonia
48°51′52″N 2°22′51″L / 48.8644, 2.380789
Na rede
https://escp.eu/
Facebook: ESCPbs Twitter: escp_bs Instagram: escpbs LinkedIn: escp-business-school Youtube: UCMT9_PUrM69hmJ37C9-NDGA Flickr: 41789108@N06 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A ESCP Business School é unha escola de negocios con vocación internacional, con campus propios en París, Londres, Madrid, Berlín e Turín, así como outros asociados en Monterrey, Bangkok ou Delhi.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta institución, fundada en 1819,é a máis antiga escola de negocios do mundo.[1][2] Imparte unha trintena de programas formativos -entre másters, MBA e formación para altos directivos- que contan coa tripla acreditación internacional de EQUIS, AACSB e AMBA. Defínese como a escola de negocios para Europa e está recoñecida como unha das mellores business school do mundo en formación de directivos, segundo revela o último ránking de escolas de negocios de Financial Times[3], que a sitúa no segundo posto entre os centros con presenza española.

A escola, cunha rede de 35.000 antigos alumnos en 150 países e un claustro de mestres internacional e plurilingüe, recibe anualmente ao redor de 3.500 estudantes procedentes de 100 nacionalidades. En España, o campus de Madrid, fundado en 1988 e presidido por Guillermo de la Dehesa, conta cun acordo académico coa Universidade Carlos III.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]