Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eóganachta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle da tumba da nave norte en Cashel.

Os Eóganachta ou Eoghanachta (Eugenians, en inglés) eran unha dinastía irlandesa radicada ó redor do Castelo de Cashel e que dominaron o sur de Irlanda dende o século VI ou VII ao século X, e de forma restritiva, o Reino de Desmond e o seu vástago a baronía de Carbery, até o século XVI.[1] Segundo a tradición, a dinastía foi fundada por Conall Corc (tamén chamado Corc mac Luigthig), pero o nome recibiuno do seu devanceiro Éogan, o fillo primoxénito do semimitolóxico rei Ailill Aulom, do século III. Esta denominación dinástica do clan nunca tivo un sentido de "apelido", sendo seguramente restrinxido ós membros da casa real descendentes de Conall Corc, que se estabeleceron en Cashel despois do século V.[2]

  1. (Ó Corráin 2001, p. 30)
  2. (Byrne 2001, p. 177)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Byrne, Francis J. (2001). Irish Kings and High-Kings (en inglés) (2º ed.). Four Courts Press. 
  • Ó Corráin, Donnchadh (2001). Prehistoric and Early Christian Ireland (en inglés). En «The Oxford Illustrated History of Ireland». Oxford: Oxford University Press. pp. 1–52.