Diario Oficial de Galicia
Diario Oficial de Galicia | |
---|---|
Tipo | Diario oficial |
Fundación | 1 de decembro de 1978 |
Propietario | Xunta de Galicia |
Redacción | Unidade Administrativa DOG |
Lingua | lingua galega e lingua castelá |
ISSN | 2253-8046 |
Na rede | |
http://www.xunta.es/diario-oficial, https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia e http://www.xunta.es/consulta-do-dog | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.
Historia
[editar | editar a fonte]Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia.[2] A partir do ano 2009, cando contaba con 800 subscritores, estudouse a posibilidade de deixar de imprimilo en papel. Finalmente, o artigo 13 do Decreto 198/2010 conferiulle á edición electrónica do DOG o carácter de "oficial, auténtico e único", e dende o 2 de maio de 2011, deixouse de imprimir en papel, existindo só a versión dixital dende entón.[3][4]
A Unidade Administrativa do Diario Oficial de Galicia está adscrita á Consellería de Presidencia e ten a súa sede no Edificios Administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diario Oficial de Galicia" (1). Xunta de Galicia. venres, 1 de decembro de 1978. Consultado o 5 de marzo de 2017.
- ↑ Mikelarena, Fernando (1997). "La documentación legislativa generada en el estado español" (PDF). Bilduma: Revista del Servicio de Archivo del Ayuntamiento de Errenteria (en castelán) (11): 19–46, en 31. ISSN 0214-624X.
- ↑ "Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Capítulo III, Diario Oficial de Galicia. Artigo 13º.-Edición electrónica do Diario Oficial de Galicia (DOG).". lex.gal.
- ↑ "La Xunta estudia la supresión del DOG en papel para reducir gastos". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-09-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diario Oficial de Galicia |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Diario Oficial de Galicia |