Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dialecto arabés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión do dialecto arabés nos séculos XVI-XVIII[1]
División dialectal das zonas vascofalantes

O dialecto arabés é unha variante da lingua éuscara xa extinta na súa forma falada (falándose unicamente éuscaro dialectal, concretamente o biscaíño, en territorio arabés no val de Aramaio e nos municipios próximos), pero conservado en manuscritos escritos por diversos autores en distintas épocas:

  • Nas táboas atopadas en Iruña-Veleia
  • Segundo J. de Urquijo (Gure Herria, XIII, 1933, páxs. 11-13) e, sobre todo, L. Michelena (Textos arcaicos vascos, en Biblioteca vasca, VIII, Madrid, 1964, páxs. 42-44), o autor das Glosas puido ser arabés, rioxano ou navarro.
  • Dictionarium linguae cantabricae (Bocabularioa ezqueraz jaquiteco eta ezqueraz verba eguiteco) de Nicolao Landuchio data de 1562 e foi publicado en Vitoria.
  • O texto recentemente descuberto do arabés Juan Pérez de Lazarraga que data de 1564-1567
  • A primeira doutrina que se conserva en éuscaro, a Doutrina Cristiá en Romance e Basco, foi obra de Juan Perez de Betolaza, natural de Betolatza;

O éuscaro de Áraba debía ter certa similitude co biscaíño, polo menos na parte occidental e central, pois na oriental tiña puntos en común co guipuscoano e co alto navarro. Segundo as últimas clasificacións, este éuscaro arabés pódese dividir en tres variedades: a occidental, a central e a oriental na zona lindeira con Biscaia e Guipúscoa. Na zona máis interior especúlase coa súa separación como dialecto diferenciado do biscaíño e guipuscoano, pero ante a falta de escritos é imposible sabelo. Quizais cos últimos descubrimentos en Iruña-Veleia se poida facer algunha conxectura.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Arabako toponimoetan eta garai hartako Arabako euskal idazleen testuetan oinarritua dago mapa". Iturria: Koldo Zuazo (1997), «Euskara Araban», Uztaro, 21:79-95