Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

División Bobrov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaDivisión Bobrov
Tipoconferencia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
EpónimoVsevolod Bobrov Editar o valor en Wikidata
OrganizadorKontinental Hockey League Editar o valor en Wikidata
Parte deConferência Oeste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2008 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata

A División Bobrov da Kontinental Hockey League é unha das catro divisións que conforman esta competición eurasiática de hóckey sobre xeo. Esta división foi creada na tempada inaugural da competición en 2008, e forma parte da conferencia oeste dende a segunda tempada, cando se estableceron as conferencias na competición. Recibe o seu nome en honor a Vsevolod Bobrov, o histórico medallista que gañou a medalla de ouro para a Unión Soviética e que xogou no CSKA e no VVS, ámbolos dous clubs da cidade de Moscova.

A División Bobrov estará integrada na tempada 2013-14 por sete equipos procedentes de Rusia (2), Letonia (1), República Checa (1), Eslovaquia (1), Belarús (1) e Croacia (1). Os equipos serán os seguintes:

Trocos de equipos na división

[editar | editar a fonte]

Aliñación inicial (2008)

[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada, a aliñación da división foi determinada pola forza dos equipos e estivo formada por: Salavat Yulaev Ufa, Atlant Moscow Oblast, HC Dinamo Minsk, Metallurg Novokuznetsk, Severstal Cherepovets e Spartak Moscova.

Realiñación en 2009

[editar | editar a fonte]

Coa aliñación xeográfica das divisións na tempada 2009-10, a composición da división Bobrov mudou por completo. Tan só o Spartak Moscova e o Dinamo Minsk continuaron na división. Estiveron acompañados polos outros dous equipos de Moscova, o CSKA Moscova e o Dynamo Moscova, así como polo SKA San Petersburgo e o Dinamo Riga. Polo tanto, a división está formada polos equipos máis occidentais da KHL.

Fusión do Dynamo e o MVD (2010)

[editar | editar a fonte]

En 2010, o Dynamo Moscova fusionouse co HC MVD (da División Tarasov). O novo equipo, o OHK Dinamo, tomou a praza do antigo Dynamo na división. O Dinamo Minsk abandonou a división para pasar a formar parte da División Tarasov para ser substituído polo Lev Poprad eslovaco. Porén, posteriormente o Lev foi excluído da liga e a división Bobrov converteuse na primeira da historia da KHL con 5 equipos en lugar de 6.

Expansión a Eslovaquia (2011)

[editar | editar a fonte]

En 2011, a KHL realizou a súa primeira expansión máis aló dos estados da antiga Unión Soviética ao admitir ao Lev Poprad, un novo equipo da cidade de Poprad, Eslovaquia.

Novos membros (2012)

[editar | editar a fonte]

A expansión a 26 equipos para a tempada 2012-13 provocou algúns realiñamentos nas divisións da conferencia Oeste. Os dous novos equipos do Slovan Bratislava (Eslovaquia) e HC Donbass (Ucraína) foron situados na división Bobrov. Mentres tanto, dous equipos de Moscova, Spartak e CSKA foron recolocados na División Tarasov, mentres que o Vityaz Chekhov pasou á Bobrov. O Lev Poprad foi disolto e substituído por unha nova organización, o HC Lev Praha de Praga (República Checa). Isto levou á división Bobrov a contar con 7 equipos de 5 países diferentes.

Expansión e realiñación (2013)

[editar | editar a fonte]

A expansión a 28 equipos na tempada 2013–14 provocou algunhas realiñacións nas divisións da Conferencia Oeste, polo tanto, o recentemente chegado á liga KHL Medveščak Zagreb foi colocado na División Bobrov, mentres que o Vityaz Podolsk (antes Vityaz Chekhov), o Donbass Donetsk e o Dynamo Moscova foron recolocados na División Tarasov e substituídos polo Dinamo Minsk e o CSKA Moscova.

Campións de división

[editar | editar a fonte]

Campións da KHL que achegou

[editar | editar a fonte]