Deltebre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
Ámbito funcional territorial | Terres de l'Ebre | ||||
Comarca | Baix Ebre | ||||
Capital | Deltebre | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.818 (2023) (110,04 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 107,4 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Río Ebro, Canal de l'Esquerra de l'Ebre (en) e Golfo de Sant Jordi | ||||
Altitude | 6 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1977 (Xuliano) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Lluís Soler i Panisello (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 43580 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 43901 | ||||
Código territorial IDESCAT | 439018 | ||||
Sitio web | deltebre.cat | ||||
Deltebre é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Baix Ebre. Formouse en 1981 pola unión dos municipios de Jesús i María e La Cava que, á súa vez, se sedgregaran de Tortosa en 1977. É a poboación máis próxima á desembocadura do río Ebro. Segundo o INE, no 2006 tiña 10 811 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Coñécese pouco sobre a historia de Deltebre. Segundo a tradición, foron os mouriscos os primeiros que se instalaron na zona. A mediados do século XVIII existían algúns asentamentos temporais na zona do delta.
En 1818 construíuse a igrexa de San Miguel da Cava e a poboación empezou a organizarse ao redor da mesma. O municipio formouse en 1977 por unión dos de Jesús i María e La Cava.
Cultura
[editar | editar a fonte]O termo municipal inclúe tres espazos considerados de interese natural: a punta do Fangar, que inclúe un porto e unha praia; a lagoa da Canle Vella e a zona coñecida como o Garchal formada por pequenas illas.
Conta cun ecomuseo destinado a orientar aos visitantes que realizan excursións polo parque natural do Delta do Ebro.
Deltebre celebra a súa festa maior no mes de agosto. En maio ten lugar unha celebración en conmemoración da segregación do municipio.
Deltebre ten dúas publicacións dirixidas á cidadanía: Desaigüe está destinada a toda a poboación en xeral, con noticias sobre a vila, a súa gastronomía, as actividades culturais e lúdicas, as novas construcións municipais etc. I per què? está destinada á mocidade, con seccións de música, literatura, cultura e actividades por e para a xuventude.
Economía
[editar | editar a fonte]A finais do século XIX, e tras a construción da canle do Ebro, o cultivo do arroz converteuse na principal actividade agrícola en Deltebre, converténdose practicamente nun monocultivo. Existen algunhas explotacións familiares de produtos da horta. Desde 1955 conta cunha cooperativa arroceira.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deltebre |