Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Defensa persoal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A defensa persoal ou autodefensa (do inglés self-defense) é un conxunto de métodos varios que poden ser utilizados para deter un ataque persoal.

As técnicas de defensa persoal foron derivado das artes marciais tradicionais, adaptadas para o uso por persoas comúns para se defenderen na súa vida normal.

En defensa persoal utilízanse técnicas sinxelas e ensáiase evitar os movementos complexos.

Utilízanse principalmente bloqueos, retencións e pancas para dominar o adversario da maneira máis rápida posible, acurtando o tempo de combate para evitar riscos e deixar en segundo plano as diferenzas físicas.

A defensa con mans espidas pode completarse con armas propias ou impropias, que poden ser ou coitelos ou armas de fogo ou calquera cousa que estea próxima no momento do conflito.

Ámbito civil

[editar | editar a fonte]

No ámbito civil inténtase dominar o adversario de maneira segura e sen provocar danos excesivos, debido á responsabilidade civil da acción defensiva cando se exceden as limitacións da lexítima defensa. A defensa persoal baséase nos fundamentos de deportes ou artes marciais, como o judo, o aikido ou o karate. O carácter principal da defensa persoal é a evitación de forza, polo que os opoñentes poden ser persoas de dimensións máis amplas ou con forzas musculares maiores que as nosas.

As aplicacións comprendidas na defensa persoal son desde as técnicas básicas, como os golpes únicos (os que se executan contra o opoñente cunha parte específica do noso corpo, como a palma da man, as articulacións dos dedos e a partes brandas ou golpes de xeonllo), ata as técnicas máis profesionais, como varios tipos de patadas, e tamén outras máis avanzadas, como desequilibrios ou imobilizacións (utilizadas pola policía ou en modalidades deportivas como o karate).

Ámbito militar

[editar | editar a fonte]

No ámbito militar utilízanse técnicas con maior poder ofensivo e letal, valéndose ademais de armas. Algunhas artes, como o systema (de Rusia) e o krav magá (de Israel), son de orixe militar e logo espalláronse tamén ao uso civil.