De Magnete
De Magnete | |
---|---|
Autor/a | William Gilbert |
Lingua | lingua latina |
Tema(s) | astronomía |
Data de pub. | 1600 |
[ editar datos en Wikidata ] |
De magnete, magneticisque corporibus, et de magno magnete tellure (Sobre os imáns, os corpos magnéticos e o gran imán terrestre), máis coñecido como De magnete, é un traballo científico realizado en 1600 polo médico, físico e científico inglés William Gilbert.
Neste traballo Gilbert describe varias das súas experiencias co seu modelo da Terra denominado terrella. A partir dos experimentos chegou á conclusión de que a Terra era magnética e que este era o motivo polo cal os compáses apuntaban ao norte (naquel momento pensábase que a Estrela Polar ou unha grande illa magnética situada no polo norte atraía a agulla do compás). En De magnete tamén publicou os seus estudos sobre a electricidade estática producida polo ámbar. O ámbar en grego denomínase elektron e electrum en latín, por iso Gilbert referiuse ao fenómeno co adxectivo electricus e o nome electricitas, que darían paso aos termos modernos eléctrico e electricidade.
De magnete tivo grande influencia, non tan só polo interese inherente ao tema que trataba, senón polo rigor co que Gilbert describiu os seus experimentos e as súas obxeccións ás antigas teorías sobre o magnetismo. Gilbert recoñeceu o legado científico dos traballos de Pierre de Maricourt e incorporou os experimentos deste científico francés do século XIII ao seu tratado.[1] A pesar de que o seu pensamento foi fortemente influenciado polo misticismo da súa época, Gilbert foi un dos pioneiros da física experimental, atendendo que realizar estudos e experimentos que puidesen atentar contra a doutrina da Igrexa Católica era perigoso e arriscado (o mesmo ano que se publicou De magnete, Giordano Bruno foi queimado no Campo de' Fiori de Roma pola Inquisición).
De magnete: volumes
[editar | editar a fonte]De magnete está formado por seis volumes.
- Procura histórica do magnetismo e teoría do magnetismo da Terra.
- Distinción entre electricidade e magnetismo. Argumento contra o movemento perpetuo.
- Experimentos coa "terrella".
- Declinación magnética (variación do norte magnético coa posición).
- Inclinación magnética e deseño dun clinómetro (inclinómetro) magnético.
- Teoría magnética do movemento estelar e terrestre. Precesión do equinoccio.
Edicións
[editar | editar a fonte]- De Magnete, Peter Short, Londres, 1600 (orixinal en latín)
- De magnete, Stettin (Prusia na época) actualmente Szczecin (Polonia), 1628 e 1633
- De magnete, Facsímile da versión orixinal de 1600, Berlín 1892
- De magnete, Tradución inglesa de Paul Fleury Mottelay, 1893
- De magnete, Tradución inglesa de Silvanus P Thompson, Chiswick Press, 1900
- De magnete, Facsímile da tradución de Thompson, Basic Books, Nova York, 1958
- De magnete, Facsímile da tradución de Mottelay, Dover Books, 1991, ISBN 0-486-26761-X
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jean Gimpel, The Medieval Machine: The Industrial Revolution of the Middle Ages (New York, Penguin, 1976), páx. 194
- Revista de Stuart Malin e David Barraclough
- Cambridge Scientific Minds, capítulo sobre Gilbert (PDF) - Obra impresa dispoñible: ISBN 0-521-78100-0 (tapa dura), ISBN 0-521-78612-6 (rústica)
- On the Magnet by William Gilbert
- Sobre "De magnete" e William Gilbert, en Revista Ñ, Diario Clarín[Ligazón morta]