De Havilland Venom
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
De Havilland Venom | |
---|---|
De Havillnad Venom en Míchigan, 2002. | |
Tipo | cazabombardeiro monopraza |
Fabricante | de Havilland |
Primeiro voo | 2 de setembro de 1949 |
Introducido | 1952 |
Retirado | 1983 |
Principais usuarios | Royal Air Force Forza Aérea de Suecia Forza Aérea de Suíza Forza Aérea de Venezuela |
Unidades construídas | 1 431 |
Variantes | de Havilland Sea Venom/Aquilon |
O De Havilland Venom foi deseñado como substituto do Vampire, do que herdou o mesmo deseño básico pero cunha ala en frecha moderada e máis delgada e cun motor Ghost no lugar do Goblin orixinal. O Venom FB.Mk 1 entrou en servizo no Escuadrón 11 en agosto do 1952. No ano 1955 substituílle o FB.Mk 4, con aleróns servoasistidos e temóns de dirección maiores. O Venom nunca serviu en escuadróns baseados en Gran Bretaña, pero equipou nove deles despregados na RFA entre o 1952 e o 1957, tres en Extremo Oriente e sete en Oriente Medio. Entrou en acción en Suez, durante a rebelión omaní e na longa guerra de Malaisia. O derradeiro FB.Mk 4 foi dado de baixa, polo 28 Escuadrón de Hong Kong, en xullo do 1962.
Especificacións
[editar | editar a fonte]Tipo: Cazabombardeiro monopraza De Havilland Venom FB.Mk 4.
Construtor: De Havilland
Ano: 1949
Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm
Envergadura: 12,69 m.
Lonxitude: 9,70 m.
Altura: 1,88 m.
Área alar: 25,90 m².
Peso baleiro: 4.173 Kg.
Peso cargado: 7.000 Kg.
Planta motriz: 1 De Havilland Ghost de 4.850 libras de pulo.
Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e 2.000 libras de bombas e foguetes subalares.
Velocidade máxima: 640 millas/h ó nivel do mar.
Alcance operacional: 500 millas
Caza nocturno
[editar | editar a fonte]A versión de caza nocturno do De Havilland Venom foi un desenvolvemento do modelo de cazabombardeiro do mesmo, cun segundo asento para o radarista, nunha proa ensanchada e dotada dun bulbo que alberga a antena do radar. Os 180 exemplares producidos serviron en sete escuadróns da RAF como substitutos dos Vampire e Meteor.
O Venom NF.Mk 2 entrou en servizo en 1953 no 23º Escuadrón, seguido en xuño do 1955 polo NF.Mk 3, cun radar mellorado, temóns de dirección servoasistidos e cuberta dunha peza. O derradeiro exemplar foi retirado do Mando de Caza no 1958, substituído polo Javelin. Algúns aparellos empregáronse para probar o mísil Firestreak.
Especificacións
[editar | editar a fonte]- Tipo: Caza nocturno bipraza De Havilland Venom NF.Mk 3
- Construtor: De Havilland
- Ano: 1950
- Principal usuario: Royal Air Force
- Envergadura: 12,69 m.
- Lonxitude: 11,17 m.
- Altura: 1,88 m.
- Área alar: 25,9 m².
- Planta motriz: 1 De Havilland Ghost 104 de 4.950 libras de pulo unitario.
- Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa.
- Velocidade máxima: 630 millas/h
- Alcance operacional: 1.000 millas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: De Havilland Venom |