Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

David Hampshire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Hampshire
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Derby, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de agosto de 1990 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Derbyshire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

David Alan Hampshire, nado en Derby o 29 de decembro de 1917 e finado en Newton Solney (South Derbyshire) o 25 de agosto de 1990, foi un piloto de automobilismo inglés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Hampshire apareceu por primeira vez entre pilotos como Bira, Villoresi, Tony Rolt, Raymond Mays, Peter Whitehead, Leslie Brooke e Reg Parnell no Nuffield Trophy de 1939 en Donington Park. Non obstante, o Maserati 6CL que pilotaba, anteriormente propiedade de Arthur Dobson e redeseñado nun automóbil de 1100 cc, só conseguiu algunhas voltas, retirándose cun pistón derretido. O coche foi posteriormente devolto ao formato de 1500 cc. O 20 de maio (televisado pola BBC), o 6CL volveu a participar no Brooklands Whit Monday meeting e no Sydenham Trophy de 1939 no circuíto de Crystal Palace. fixo unha última saída en Donington Park o 12 de agosto de 1939 xusto antes do estalido da segunda guerra mundial.

Logo da segunda guerra mundial, practicamente non quedaban circuítos en Inglaterra para competir así que empezaron a correr en pistas como Gransden Lodge e Shelsley Walsh. Máis tarde, en 1946, competiu co seu Delage 158L (un coche GP de 1927) no Gran Premio de Albi e no Gran Premio das Nacións no que terminou oitavo.

En 1947 pilotou o "The Challenger" de Reg Parnell no British Empire Trophy e o ERA E-type (GP1) tamén de Parnell en Lausana, ambos terminaron en retiradas.

En xeral, 1948 foi o seu ano de maior éxito: terminou segundo co seu Delage 158L no Trofeo do Imperio Británico de 1948 en Douglas, Illa de Man e sétimo no Gran Premio dos Países Baixos en Zandvoort. Tamén competiu na carreira de Jersey Road durante ese ano.

En 1949, co recentemente adquirido (aínda que con dez anos de antigüidade), ERA R12b, foi o cuarto no Gran Premio do Reino Unido en Silverstone e tamén foi cuarto na carreira de Goodwood. Quedou entre os dez mellores resultados na Jersey Road Race e no Trofeo do Imperio Británico, unha 11º posición no International Trophy Meeting, pero retirouse nos Grandes Premios de Albi e Lausanne.

Durante a tempada de Fórmula 1 de 1950, competiu en dous Grandes Premios de Fórmula Un e numerosas carreiras fora do campionato da Fórmula Un. Fixo a pole position na carreira fóra de campionato da Jersey Road Race nun Maserati 4CLT da Scuderia Ambrosiana, pero a súa primeira vitoria na Fórmula Un escapóuselle cando fallou a magneto do seu coche. Con todo, logrou a volta rápida da carreira, que gañouna Peter Whitehead nun Ferrari. Máis tarde na tempada finalmente conseguiu gañar unha carreira na Fórmula Un no Nottingham Trophy de 1950 en Gamston, que gañou cun Maserati 4CLT da Scuderia Ambrosiana.

Competiu nas 24 Horas de Le Mans de 1951 nun Aston Martin DB2 oficial onde, xunto co seu amigo Reg Parnell, terminou terceiro na súa clase e sétimo na xeral.


Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos
1950 Scuderia Ambrosiana Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña GBR
9
MON 500 SUI BEL FRA
Ret
ITA NC 0
Source:[1]
  1. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 176. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]