Donald Davidson
Nome orixinal | (en) Donald Herbert Davidson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de marzo de 1917 Springfield, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de agosto de 2003 (86 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Residencia | Berkeley (1981–2003) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Harvard - filosofía, estudos clásicos (–1949) Staten Island Academy (en) |
Director de tese | Willard Van Orman Quine |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Princeton Stanford University Philosophy Department (en) Universidade Stanford Universidade de Chicago Universidade de California, Berkeley Universidade Rockefeller |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Doutorando | Stephen Yablo (en) , Michael Bratman (pt) e Howard Burdick (en) |
Premios | |
| |
Donald Herbert Davidson nado en Springfield, Massachusetts, o 6 de marzo de 1917 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley (California), foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na Universidade Harvard, deu clases posteriormente na Stanford, Princeton, Rockefeller, Chicago, e California.
A súa obra exerceu considerable influencia en diversas áreas da filosofía a partir dos anos 1960, en especial nas áreas da filosofía da mente, filosofía da linguaxe, e teoría da acción.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo do seu mestre Willard Van Orman Quine, non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha ciencia que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.
Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia física que permite abordar filosoficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no materialismo fisicista pero entende que existen descricións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade é a intersubxectividade (trangulación).
Relaciona tamén a filosofía práctica coa filosofía da linguaxe ao estudar a acción. Considera que a conduta intencional obedece a un proceso causal pero isto non impide que existan contradicións no suxeito debido á mente parcelada onde se mesturan desexos e arelas en seccións mentais semiautónomas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Inquiries into Truth and Interpretation, 2001
- Subjetive, Intersubjetive, Objetive, 2001