Década de 530
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VI | |||||
| |||||
|
530
- Artigo principal: 530.
531
- Artigo principal: 531.
Oriente Próximo
- 19 de abril - O exército do xeneral bizantino Belisario é derrotado polos persas do xeneral Azarethes na batalla de Callinicum, en Iberia, no corazón do Cáucaso.
- Cosroes I O Grande sucede a Kavadh I como rei de Persia (até 578).
Europa
- Os francos conquistan Turinxia, con axuda dos saxóns.
- Teudis, elixido polos magnates, sucede a Amalarico como rei dos visigodos (até 548).
532
- Artigo principal: 532.
- 13 de xaneiro - Sedición da Nika: revolta popular en Bizancio, tras ser suspendidas ese día as carreiras no hipódromo. Calcúlanse 4.000 mortos como consecuencia dos disturbios.
- Tratado de paz entre Xustiniano, emperador bizantino, e Persia. O seu obxectivo é cubrir un dos flancos do seu imperio, para emprender as próximas campañas contra os bárbaros.
- Os francos apodéranse de Borgoña. A derradeira resistencia é eliminada na batalla de Autun.
533
- Artigo principal: 533.
- 21 de novembro: publícase as Institutiones, parte do Corpus Iuris Civilis de Xustiniano dedicada a ser un manual de estudo.
- 15 de decembro: promúlgase o Digesto ou Pandectas, a parte do Corpus Iuris Civilis de Xustiniano dedicada a recompilación dos iura.
- 22 de decembro: Apróbanse as Institutiones coa constitución Tanta.
534
- Artigo principal: 534.
- 16 de novembro: Publícase o Codex repetitae praelectionis, unha revisión actualizada ou código de leis novo da compilación do Corpus Iuris Civilis de Xustiniano.
- Toledo convértese na capital do reino visigodo
- As tropas de Xustiniano I conquistan as illas Baleares, que serán integradas no Imperio bizantino.
- En África logo de ser derrotados os vándalos no ano anterior, os bizantinos apresan ao seu derradeiro rei, Xelimero, que levan cativo para Constantinopla.
535
- Artigo principal: 535.
- Ofensiva bizantina contra os ostrogodos: O xeneral Belisario ocupa Sicilia e Mundu a Dalmacia.
- 13 de maio - O papa Agapito I sucede a Xoán II (até 536).
- 8 de novembro - Concilio de Clermont: prohibe que os xudeus exerzan como xuíces.
536
- Artigo principal: 536.
537
- Artigo principal: 537.
- O xeneral bizantino Belisario depón ao papa Silverio, e coloca na cátedra de Pedro, so vontade do emperador Xustiniano I, a Vixilio (até 555).
- Remate e consagración de Santa Sofía de Constantinopla (Άγια Σοφία), obra de Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto.
538
- Artigo principal: 538.
- 12 de marzo - Vitixes, rei dos ostrogodos, fracasa no seu asedio a Roma, retirándose para Rávena.
- Ascende ao trono de Dalriada, Gabrán mac Domangairt.
539
- Artigo principal: 539.
- O rei merovinxio Teodeberto I derrota aos ostrogodos e aos bizantinos