Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Green Bay Packers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Green Bay Packers
Fundado en 1919
Sede en Green Bay, WI
Logo dos Green Bay Packers
Logo dos Green Bay Packers
Wordmark dos Green Bay Packers
Wordmark dos Green Bay Packers
LogoWordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1921–presente)

Uniforme actual
CoresVerde, ouro e branco               
CanciónGo! You Packers! Go!
Cadro de persoal
Propietario(s)Green Bay Packers, Inc. (360 584 socios)
PresidenteMark H. Murphy
Director xeralBrian Gutekunst
AdestradorMatt LaFleur
Historia
  • Green Bay Packers (1919–presente)
Alcume(s)
  • Indian Packers (1919)
  • Blues (1922)
  • Big Bay Blues (1920s)
  • Bays (1918–1940s)
  • The Pack (actual)
  • The Green and Gold (actual)
Campionatos
Títulos de Liga (13)
  • Super Bowl (4)
    1966 (I), 1967 (II), 1996 (XXXI), 2010 (XLV)
Conferencia (9)
  • NFL Oeste: 1960, 1961, 1962, 1965, 1966, 1967
  • NFC: 1996, 1997, 2010
División (19)
  • NFL Oeste: 1936, 1938, 1939, 1944
  • NFL Central: 1967
  • NFC Central: 1972, 1995, 1996, 1997
  • NFC Norte: 2002, 2003, 2004, 2007, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2019
Estadios
  • Hagemeister Park (1919–1922)
  • Bellevue Park (1923–1924)
  • City Stadium (1925–1956)
  • Lambeau Field (1957–presente)

Os Green Bay Packers son un equipo profesional de fútbol americano con sede na cidade de Green Bay, Wisconsin. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da National Football Conference (NFC) na súa División Norte. Son a terceira franquía máis vella da NFL, xa que se fundou e comezou a xogar en 1919.[1] Alén diso, os Packers son o único equipo equipo profesional das grandes ligas estadounidenses estabelecido no país sen ánimo de lucro e que pertence a unha comunidade de persoas e non a un único propietario.[2] O seu estadio local é o Lambeau Field, recinto inaugurado en 1957 con capacidade para 81.435 espectadores.

Os Packers son o último vestixio dos "equipos de pequenas cidades" comúns durante as décadas de 1920 e 1930. Fundados en 1919 por Earl "Curly" Lambeau e George Whitney Calhoun, a franquía recolle a testemuña doutros equipos semiprofesionais de Green Bay fundados a partir de 1896. Entre 1919 e 1920 os Packers competiron contra outros equipos semiprofesionais dos arredores de Wisconsin e en xeral do Medio Oeste norteamericano. Pouco máis tarde, en 1921, o club únese á American Professional Football Association (APFA), a antecesora da actual NFL. Aínda que Green Bay é, de lonxe, o mercado deportivo máis pequeno do deporte profesional estadounidense (a cidade apenas supera os 100.000 habitantes), a súa base local de fans e medios de comunicación esténdese 200 quilómetros ao sur até Milwaukee, onde chegaron a xogar partidos como locais entre 1933 e 1994.

A nivel deportivo, o equipo gañou o campionato de liga en 13 ocasións, o que supón o maior número de títulos da historia da NFL. Dos trece, nove foron conseguidos antes da instauración da Super Bowl e, por tanto, catro corresponden a trofeos da mesma. Os Packers gañaron as dúas primeiras Super Bowls da historia en 1967 e 1968, sendo o único equipo en derrotar ás franquías da American Football League (AFL) antes da fusión da AFL coa NFL. De feito, o trofeo da competición recibe o nome de Trofeo Vince Lombardi na honra do adestrador que guiou aos de Wisconsin aos dous títulos. As súas outras dúas Super Bowls chegaron en 1997 (XXXI) e 2011 (XLV). Os Packers manteñen unha longa rivalidade cos Chicago Bears, Minnesota Vikings e Detroit Lions, todos equipos da División Norte da NFC. De feito, a rivalidade entre os de Chicago e os de Green Bay é unha das máis antigas da NFL, xa que data de 1921.

Fundación e primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Os Packers en 1920.

Os Packers foron fundados na cidade de Green Bay, Wisconsin, o 11 de agosto de 1919[1][3] polos ex xogadores e rivais do instituto Earl "Curly" Lambeau e George Whitney Calhoun. Lambeau solicitou fondos para uniformes na empresa para a que traballaba: a Indian Packing Company. A compañía deulle 500 dólares para que comprasen os uniformes e o equipamento necesario coa condición de que o equipo levase o seu nome como patrocinador. No primeiro artigo de prensa onde se nomea ao equipo, este é chamado "the Indians", con todo, en referencias posteriores xa aparece o nome de "Packers". Os Packers son o equipo que máis temporadas xogou na súa cidade fundacional da historia da NFL.

O equipo non competiu en ligas profesionais até 1921, cando se lles garantiu un posto na nova liga nacional de fútbol americano, a cal fora fundada o ano anterior. O ano anterior, a Indian Packing Company foi adquirida por Acme Packing Company, empresa que seguiu apoiando ao equipo. Así, o equipo xoga a súa primeira temporada na American Professional Football Association (APFA) co nome de "Acme Packers". Con todo, a franquía foi suspendida ao final da temporada cando se descubriu que utilizaran xogadores universitarios nun partido. O home que denunciou ao equipo ante a liga foi George Halas dos Chicago Staleys, equipo que ao ano seguinte pasa a ser coñecido como Chicago Bears. Este incidente foi o que deu comezo á longa rivalidade entre Packers e Bears. Lambeau apelou á liga e finalmente permitiron que a franquía fose reintegrada despois de pagar unha multa de 50 dólares. Alén diso, outros problemas amezaron con aumentar a débeda do equipo, moitos problemas financeiros, os cales levaron a que a franquía fose confiscada durante un ano. Tras encontrar o apoio de varios empresarios locais, Lambeau recuperou o equipo e a licenza para competir o ano seguinte. Estes patrocinadores, coñecidos como os "Hungry Five", formaron en 1923 a Green Bay Football Corporation, a cal aínda continúa a dirixir o equipo.

Despois de pasar sen pena nin gloria durando a maior parte da década de 1920, os Packers comezaron a construír un gañador tras asinar a tres futuros membros do Salón da Fama: "Johnny Blood" McNally, Cal Hubbard e Mike Michalske. Os Packers gañaron o seu primeiro campionato da NFL en 1929 cun rexistro de 12-0-1, a única tempada invicta na historia da franquía, guiados por unha férrea defensa que rexistrou oito partidos sen deixar anotar ningún punto aos rivais e sendo o seu único partido sen gañar un empate ante os Frankford Yellow Jackets. Os Packers puideron defender con éxito o seu título en 1930, gañando 10-3-1, e en 1931 cunha marca de 12-2. Os Packers case gañaron o cuarto campionato consecutivo en 1932, con 10-3-1, mais terminaron segundos detrás dos Chicago Bears.

En 1933 baixaron o nivel en 1933 e 1934, sendo a primeira a súa primeira tempada con máis derrotas que vitorias en 1933 (5-7). Con todo, Curly Lambeau foi capaz de construír outro equipo de elite durante estas tempadas, asinando máis dun futuro do Salón da Fama como Clarke Hinkle, Arnie Herber, e máis notablemente, o receptor Don Hutson en 1935. Hutson chegou a Green Bay dende o equipo de Alabama e liderou durante a súa carreira a liga en recepeción durante oito temporadas, alén de intercepecións en 1940 cando xogou de defensa. Durante os seguintes dez anos os Packers foron o perenne campión da NFL. En 1936 o equipo domina a liga cun récord de 10-1-1, vencendo aos Boston Redskins por 21-6 na final. En 1938 perden ante os New York Giants (17-23), mais ao ano seguinte toman o desquite e gañan por 27-0, repetindo de novo en 1944 ante os Giants (14-7). Os Packers mativéronse no alto da clasificación grazas a Hutson, Hinkle, Herber, outro futuro membro do Salón da Fama como Tony Canadeo, e outros xogadores como Cecil Isbell, Ted Fritsch, Buckets Goldenberg e Russ Letlow.

Tras o retiro de Hutson o equipo pasou a obter resultados moito peores nas seguintes tempadas, con rexistros de 12-10-1 nos anos 1947 e 1948, e 3-9 no 1949. Curly Lambeau deixa o equipo trala tempada de 1949. Os seguintes adestradores Gene Ronzani e Lisle Blackbourn non conseguiron acadar volver á senda dos bos resultados, incluso coa estrea dun novo estadio no ano 1957. A xeira de malos resultados tocaría fondo en 1958 ás ordes do adestrador Ray McLean, marcando o peor rexistro da historia da franquía con 1–10–1.[4]

A chegada de Vince Lombardi

[editar | editar a fonte]

Despois da nefasta temporada 1958, os Packers contrataron o 2 de febreiro de 1959 coma adestrador e director xeral a Vince Lombardi, antigo coordinador ofensivo dos New York Giants. Baixo a guía de Lombardi os Packers gañaron cinco títulos de campións nun período de sete anos, incluíndo vitorias nas dúas primeiras Super Bowls. Nesta época a liña ofensiva dos Packers tivo a varios xogadores de sona, coma Bart Starr, Jim Taylor, Carroll Dale, Paul Hornung, Forrest Gregg e Jerry Kramer; mentres que na defensa destacaron Willie Davis, Henry Jordan, Willie Wood, Ray Nitschke, Dave Robinson e Herb Adderley.

A primeira tempada dos Packers de Lombardi comezou o 27 de setembro de 1959, conseguindo a vitoria por 9–6 fronte aos Chicago Bears en Green Bay. Tras gañar os primeiros tres partidos, os Packers perderon os cinco seguintes, gañando despois os seus últimos catro partidos da tempada. O rexistro de 7–5 deste ano representou a primeira tempada en positivo dos Packers desde 1947, o que foi suficiente para que o "novato" Lombardi gañara o premio de Adestrador do ano da NFL. Na seguinte tempada os Packers, liderados polos 176 puntos de Paul Hornung, gañaron o título da NFL Oeste e xogando a final contra os Eagles en Filadelfia. Con todo, o equipo perde o partido por catro puntos de diferenza.

Ao ano seguinte, os Packers volven xogar polo campionato, esta vez ante os New York Giants. Os de Green Bay anotaron 24 puntos no segundo cuarto, incluíndo 19 por parte de Paul Hornung, quen estaba de permiso especial do exército, levando aos Packers a gañar, cun resultado de 37-0, o seu primeiro campionato dende 1944.[5] Os Packers conseguiron outro gran resultado na tempada de 1962, comezando cun balance de 10–0, para finalizar cun récord final de 13–1. Pola súa consistencia, os Packers, representados na figura de Lombardi, chegaron a ser portada na revista Time do 21 de decembro de 1962.[6] Nesa tempada os Packers enfrontáronse aos Giants nun disputado partido de final de campionato. Finalmente os Packers vencen cun resultado de 16-7 liderados polos pateos de Jerry Kramer e as carreiras de Jim Taylor.

Tras dous anos de ausencia nas finais, os Packers volveron xogar a final en 1965 despois de vencer aos Indianapolis Colts nos playoff polo título da Conferencia Oeste. Con todo, non foi un partido sinxelo, xa que necesitarían dunha prórroga para acabar vencendo por 13–10. Xa na final, Hornung e Taylor lideraron a vitoria por 23-12 ante os Cleveland Browns, os cales viñan de ser os actuais campións da NFL. Este título supuxo o terceiro campionato gañado baixo a guía de Lombardi e o noveno en total. En 1966 os Packers gañaron a primeira edición da Super Bowl liderados polo quarterback MVP dese ano Bart Starr. Para chegar ao partido tiveron que eliminar antes aos Dallas Cowboys no campionato de conferencia (34–27), para despois vencer na gran final os Kansas City Chiefs por 35–10.

A tempada de 1967 foi a última de Lombardi coma adestrador dos Packers. Na final de conferencia, volveron a enfrontarse aos Cowboys. Este partido é coñecido como o "Ice Bowl" (O Partido do Xeo), xa que se acadaron no Lambeau Field temporaturas de −26 °C cunha sensación térmica de −44 °C.[7] Considerado un dos partidos máis destacábeis da historia, os de Green Bay volveron gañar, esta vez cun resultado de 21-17. A continuación os Packers gañan a Super Bowl II cun resultado de 33–14 contra os Oakland Raiders. Lombardi renunciou coma adestrador tras o partido, sendo Phil Bengtson o seu sucesor no posto. Lombardi permaneceu coma director xeral unha tempada, mais deixou o equipo definitivamente en 1969 para converterse en adestrador e dono en minoría dos Washington Redskins. Tras a morte inesperada de Lombardi o 3 de setembro de 1970, a NFL pasou a denominar ao trofeo da Super Bowl "Trofeo Vince Lombardi" en recoñecemento aos seus éxitos. Alén dese recoñecemento, a cidade de Green Bay púxolle o seu nome a avenida onde se atopa o Lambeau Field en 1968.

Durante aproximadamente un cuarto de século despois da saída de Lombardi, os Packers tiveron relativamente pouco éxito. En vinte e catro temporadas desde 1968 até 1991, tan só conseguiron en cinco acabar con máis vitorias que derrotas. De feito, tan só chegaron dúas veces a playoffs, cun récord de 1-2 neles. Ese período viu cinco adestradores distintos: Phil Bengtson, Dan Devine, Bart Starr, Forrest Gregg e Lindy Infante, dous deles (Starr e Gregg) estrelas durante durante a era Lombardi. Cada un deles conseguiu un peor récord que o seu predecesor. A nivel administrativo o equipo tomou decisión pouco acertadas, como por exemplo a decisión de Dan Devine de intercambiar de cinco roldas do Draft de 1975 e 1976 (dúas primeiras, dúas segundas e unha terceira) cos Rams en troques do quarterback John Hadl, o cal só estivo temporada e media na franquía.[8] Outra mala decisión sucedeu no draft de 1989, onde seleccionaron ao liña ofensiva Tony Mandarich como número dous por diante de xogadores como Barry Sanders, Deion Sanders ou Derrick Thomas. O rendemento de Mandarich non foi o esperado da súa posición no draft, o que lle valeu para que a ESPN o nomease coma o terceiro "maior desastre deportivo" dos últimos 25 anos.[9]

Chega Brett Favre

[editar | editar a fonte]
Brett Favre.

Tras os continuos fiascos dos últimos vinte e cinco anos, en 1991 o club contrata como director xeral a Ron Wolf, dándolle a franquía o control total das operacións do equipo ao comezo da temporadada. Ao ano seguinte, en 1992, Wolf contratou ao coordinador ofensivo dos San Francisco 49ers Mike Holmgren como o seu novo adestrador e seguidamente adquiriu os dereitos do quarterback de segundo ano dos Atlanta Falcons Brett Favre a cambio dunha primeira rolda do Draft. Tras catro partidos de liga, a lesión de Don Majkowski contra os Cincinnati Bengals leva ao posto de títular a Favre, conseguindo ademais a vitoria para o seu equipo. Titular no seguinte partido ante os Pittsburgh Steelers, xa non volvería a perder a titularidade até o final da tempada de 2007. Debido a isto, posúe o récord de máis titularidades consecutivas dun quarterback na NFL con 297 partidos.

No primeiro ano de Holmgren e Frave os Packers acadaron un rexistro de 9–7. Tras acabar a temporada, contrataron para reforzar a defensa ao axente libre Reggie White. Nas seguintes dúas tempadas os de Green Bay conseguiron chegar á segunda rolda dos playoffs, perdendo en ambas ocasións ante os Dallas Cowboys. En 1995, os Packers gañaron o campionato da División Central da NFC por primeira vez dende 1972. Nos playoffs, tras unha vitoria en casa por 37–20 contra os Atlanta Falcons, os Packers ganáronlle aos San Francisco 49ers por 27–17 en San Francisco chegando así á final da Conferencia NFC. Con todo, os Cowboys interpuxéronse de novo, gañando os texanos por 38–27.

Tras quedar ás portas do título, ao ano seguinte os Packers volven máis fortes e acadan un rexistro de 13–3 en tempada regular, asegurando a vantaxe de campo para todos os seus partidos de playoffs. O seu dominio foi tal que foron o mellor ataque, con Favre como líder; a mellor defensa, con Reggie White á cabeza, e os mellores equipos especiais, con Desmond Howard anotando varios touchdowns de retorno. Nos playoffs, tras gañarlle aos 49ers por 35–14 e aos Panthers por 30–13, no que sería coñecido como o "Ice Bowl 2", os Packers chegaron á Super Bowl por primeira vez en 29 anos. Xa na final, os de Green Bay venceron aos New England Patriots por 35–21, con Desmond Howard nomeado MVP do partido. Este campionato supuxo o décimo segundo título da NFL da franquía.

Ao ano seguinte, os Packers repetiron de novo o rexistro de 13–3 en tempada regular. Nos playoffs, repetiron co seu gañaron o seu segundo campionato da NFC consecutivo despois de vencer aos Tampa Bay Buccaneers por 21–7 e aos San Francisco 49ers por 23–10. Os Packers chegaban así como favoritos á Super Bowl XXXII, mais finalmente perderían ante os Denver Broncos de John Elway por 31–24. Na seguinte temporada, os Packers conseguiron un balance de 11–5, xogando contra os San Francisco 49ers na primeira rolda dos playoffs. Este era a cuarta vez consecutiva que os dous equipos se enfrontaban nas eliminatorias, saíndo os Packers vencedores nas tres anteriores. Con todo, esta vez a situación mudaría cando na última xogada do partido os 49ers gañan cun touchdown de Terrell Owens a pase de Steve Young. Tras o partido Mike Holmgren deixa o equipo para converterse en vicepresidente, director xeral e adestrador en xefe dos Seattle Seahawks, levando consigo a maioría do cadro técnico. Nos seguintes anos de 1999 e 2000 o equipo non acadou os mesmos bos resultados que nos anos anteriores.

Tras xogar baixo o mando de Ray Rhodes na temporada de 199, no ano 2000 Mike Sherman foi contratado coma adestrador en xefe, conseguindo ese ano un rexistro de 9–7. Sherman asumiu as tarefas de director xeral e adestrador en xefe en 2001 tras a retirada do anterior director xeral. Os resultados melloraron entre 2001 e 2004 grazas a boas actuacións de Brett Favre, Ahman Green e dos xogadores da liña ofensiva, porén, o equipo non conseguiu bos resultados nos playoffs. Isto levou a que no ano 2005 Sherman fose destituído como director xeral, seguindo, iso si, coma adestrador xefe. Para suplilo no cargo, os Packers contrataron ao até daquela vicepresidente de operacións dos Seattle Seahawks, Ted Thompson. Tras acadar un rexistro de 4–12 nesa tempada, Thompson despediu a Sherman e contratou un novo adestrador xefe, Mike McCarthy, o cal fora anteriormente coordinador ofensivo dos San Francisco 49ers e dos New Orleans Saints.

Coa chegada de McCarthy, os Packers gañan dez dos seus primeiros once partidos, acadando un balance final de 13–3. Isto serviulles para evitar a rolda de "Wildcard" dos playoffs. Un dos maiores contribuidores a este rexistro foi o running back Ryan Grant, o cal conseguiu conseguiu 956 iardas e 8 touchdowns nos últimos dez partidos da tempada regular. O equipo gañou a rolda do playoff divisional aos Seattle Seahawks por 42–20, mais perdeu na final de conferencia contra os New York Giants por 23-20. Este sería o último partido de Brett Favre como xogador dos Packers.

A era de Aaron Rodgers

[editar | editar a fonte]
Aaron Rodgers.

Os Packers comezaron a tempada de 2008 con Aaron Rodgers substituíndo a Brett Favre como quarteback titular. Rodgers fora escollido polos Packers na primeira rolda do Draft de 2005, estando desde aquela á sombra de Favre. No seu primeiro ano Rodgers conseguiu unhas boas estatísticas persoais, conseguindo máis de 4.000 iardas de pase e 28 touchdowns. Porén, o gran número de xogadores lesionados na defensa afectou aos resultados do equipo, o cal finalizou cun balance de 6–10. Ao final da tempada oito adestradores asistentes foron despedidos, incluíndo a Bob Sanders, o coordinador defensivo, que foi sucedido no posto por Dom Capers.

No Draft de 2009 os Packers escolleron a B.J. Raji do Boston College na súa primeira rolda do draft e, tras un troco, escolleron tamén na primeira rolda ao linebacker Clay Matthews III da Universidade de Southern California. Coa contribución doutros xogadores novos como Brad Jones na defensa e James Jones, Brandon Jackson, Jermichael Finley e Jordy Nelson no ataque, o equipo fai un balance de 11–5 tras gañar sete dos últimos oito encontros, e consegue unha praza de wildcard no playoff. Alén diso, Rodgers converteuse no primeiro quarterback da historia da NFL en conseguir polo menos 4.000 iardas de pase en cada unha das súas primeiras dúas tempadas coma titular. En cnato á defensa, o cornerback Charles Woodson gañou o premio ao Xogador defensivo do ano tras facer 9 intercepcións, provocar 4 fumbles, conseguir 3 touchdowns, 74 tackles e 2 sacks. Con todo, os Packers remataron ese ano cunha derrota nos playoffs contra os Arizona Cardinals por 51–45.

Ao ano seguinte o equipo sufriu unha gran cantidade de lesións, chegando a ter dezaseis xogadores na lista de lesionados ao final da mesma. Entre eles estaban sete xogadores titulares: Ryan Grant (RB), Jermichael Finley (TE), Nick Barnett (LB), Morgan Burnett (SS), Brandon Chillar (LB), Mark Tauscher (T) e Brad Jones (LB). Porén, o equipo sobrepúxose e acadou os playoffs cun balance de 10–6, ocupando o sexto no posto da NFC. No primeiro partido de playoff eliminaron os Philadelphia Eagles por 21–16, mentres que na rolda divisional gañaron aos Atlanta Falcons por 48–21. Na Final de Conferencia agardaban os seus grandes rivais, os Chicago Bears. Porén, os de Green Bay conseguen gañar a domicilio no Soldier Field por 21-14, chegando así á Super Bowl XLV. Xa no partido final, disputado o 6 de febreiro de 2011, o equipo gaña aos Pittsburgh Steelers de Ben Roethlisberger por 31–25, sendo Aaron Rodgers nomeado o MVP do partido.[10][11]

Tras gañar a Super Bowl, ao ano seguinte os Packers conseguiron un balance de 15–1 na tempada regular, marcando un récord para a franquía. Porén, perderon na segunda rolda dos playoffs ante os New York Giants por 37-20. Ao ano seguinte o balance sería peor (11-5), máis iso non evitou que xogasen de novo os playoffs. Na rolda wildcard venceron aos Minnesota Vikings por 24-10, mais xa na rolda provisional perden antes os 49ers por 45-31 fronte aos San Francisco 49ers. No ano 2013 o balance non mellora, conseguindo un 8-7-1 e perdendo de novo ante os de San Francisco (20-23) na primeira rolda dos playoffs. Ao ano seguinte os Packers conseguen a súa vitoria número 700 na NFL, nun partido correspondente á cuarta xornada contra os Bears.[12] Finalmente o récord foi de 12-4, acadando o segundo posto de clasificación para os Playoffs da NFC. Na rolda divisional vencen aos Cowboys por 26-21, chegando de novo á final de conferencia. Alí agardaban os Seattle Seahawks de Russell Wilson. O partido, xogado no CenturyLink Field de Seattle, acaba cun axustado empate a 22. Con todo, na prórroga un pase de 35 iardas de Wilson a Jermaine Kearse termina coas aspiracións dos Packers que caían por 26-22. En 2015, tras acadar un rexistro de 10-6, o volve aos playoffs, onde derrota na rolda de wildcard aos Washington Redskins. Con todo, esta vez non conseguen acadar a final de conferencia ao perder na rolda divisional por 26-20 ante os Arizona Cardinals.

Logo e uniformes

[editar | editar a fonte]
Wordmark logo dos Packers (1959–presente)
Logo dos Packers (1961–presente)

Coa necesidade de vestir ao seu novo equipo, o fundador Curly Lambeau solicitou fondos á súa empresa, a Indian Packing Company. Esta ofreceulle 500 dólares para uniformes e equipamento en troco de chamar ao equipo como a compañía. Nun primeiro artigo de prensa o equipo foi referido como "the Indians", porén, coa chegada do primeiro partido xa se adoptara o nome de "Packers". Cando Indian Packing foi adquirida en 1920 por Acme Packing Company, Acme continuou apoiando ao equipo, o cal xogou a súa primeira temporada na NFL co nome de "Acme Packers" tecido nas súas camisolas. Lambeau, como exalumno da Universidade de Notre Dame, adoptou as cores da institución, azul escuro e dourado, para o seu equipo. Como resultado, os primeiros Packers eran coñecidos como os "Bays", os "Blues" (do inglés: Azuis) ou, ocasionalmente, "the Big Bay Blues".

Sobre 1950, os de Green Bay mudaron as súas cores a verde e dourado. O azul mariño seguiu a ser a cor secundaria do equipo, aínda que paseniñamente foi desaparecendo. A actual combinación de camisolas verde bosque ou brancas con pantalóns dourados foi adoptada aproximadamente coa chegada de Vince Lombardi en 1959. Con todo, para celebrar o 75º aniversario da NFL en 1994, os Packers volveron, ao igual que moitos equipos da liga, a vestir uniformes clásicos, portando de novo as cores azul e dourada. O equipo volvería a vestir uniformes clásicos durante dous partidos de Acción de Grazas ante os Detroit Lions, o primeiro en 2001, co uniforme azul dos anos 1930, e o segundo en 2003 cunha reprodución do uniforme verde e dourado dos anos 1960 (o cal só tiña pequenas modificación con respecto os actuais).[13]

Os Packers utilizando o seu uniforme "retro" azul en 2010.

En 1951 o equipo deixou de utilizar cascos de coiro, adoptando os de plastico dourado desde aquela. O logotipo da "G" ovalada foi engadido en 1961 cando Lombardi solicitou ao encargado de material do equipo, Gerald "Dad" Braisher, deseñar un logo. Braisher encargou a tarefa ao seu asistente, un estudante de arte da Universidade de St. Norbert chamado John Gordon. Satisfeitos co deseño da letra "G" con forma de balón de fútbol americano, presentaronlle o seu deseño a Lombardi, o cal o aprobou. O ex xogador dos New York Giants e analista deportivo Tiki Barber declarou sen ningún tipo de proba que a letra "G" proviña da palabra "greatness" (do inglés: grandeza)[14] Outros medios de comunicación publicaron artigos utilizando como fonte as falsas informacións de Barber.[15] O Director Adxunto de Relacións Públicas e Comunicacións dos Packers declarou ao respecto: "Non hai nada na nosa historia que suxira a veracidade diso. O arquiveiro do Salon da Fama dos Packers dixo o mesmo".[16] Antes de 1961 o equipo xa usara varios logotipos diferentes, mais o "G" é o único deles que apareceu no casco.[17] Aínda que os dereitos de marca sobre o logo pertencen aos Packers, teñen concedido permiso limitado a outras institucións para utilizar logotipos semellantes, como por exemplo as Universidades de Georgia e Grambling State.[18]

Mentres que moitos equipos da NFL adoitan levar unifomes completamente brancos brancos a comezos de temporada debido á capacidade desta cor de reflectir os raios de sol, os Packers só o fixeron en 1989 durante os dous primeiros partidos de liga. Con todo, o equipo volveu vestir completamente de branco en 2016 ante os Chicago Bears debido ao "NFL Color Rush", un evento onde os dous equipos teñen que levar uniformes monocromos. Alén dos clásicos uniformes verde e branco, os Packers tamén posúen xerseis dourados con números en verde. Estes, aínda que de moito éxito á hora de vender camisolas, nunca foron utilizados en partido oficial polo club.

Artigo principal: Lambeau Field.
O Lambeau Field.

Despois das súas primeiras temporadas nos estadios Bellevue Park e Hagemeister Park, os Packers utilizaron o City Stadium desde 1925 até 1956. É pois, nese estadio, onde os de Green Bay gañaron os seus primeiros seis títulos de campión da NFL. Nos anos 1950, un recinto con 25.000 asentos de madeira estaba consideraba anticuado, polo que a NFL ameazou con trasladar a franquía a Milwaukee a non ser que conseguisen un mellor estadio. A cidade respondeu construíndo un novo City Stadium con capacidade para 32.150 espectadores, sendo o primeiro estadio da historia construído exclusivamente para un equipo da NFL. O estadio foi inaugurado para a temporada 1957. Pouco tempo despois mudou o seu nome a Lambeau Field na honra de Curly Lambeau, o cal acababa de falecer.

Ampliado até en sete ocasións antes do fin da década de 1990, a capacidade do Lambeau Field acadara os 60.890 espectadores. En 2003 o estadio sufriu unha nova gran renovación co obxectivo de ampliar a capacidade, modernizar as instalacións e engadir un atrio. Porén, aínda coa nova capacidade de 72.928 espectadores, a demanda de entradas supera de sobra a oferta, xa que a franquía leva vendendo todas as entradas dispoñíbeis de forma consecutiva desde 1960. De feito, hai unha lista de espera de 86.000 persoas para poder facer cun abono de temporada dos Packers.

Alén de Green Bay, os Packers teñen xogado partidos como local en Milwaukee desde 1933, incluíndo dous ou tres partidos por temporada no County Stadium desde 1953 até 1994. De feito, o County Stadium fora construído para promover a mudanza permanente dos Packers a Milwaukee. A franquía sempre traballou para facer medrar a súa base de seguidores en Milwaukee e arredores.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

AL non restrinxidos

AL restrinxidos

AL con dereitos exclusivos

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 1 de xaneiro de 2019
Depth ChartTraspasos
52 activos, 0 inactivos, 23 FAs

Membros do Hall of Fame

[editar | editar a fonte]

Os Packers son o segundo equipo con máis membros do Pro Football Hall of Fame con vinte e catro, sendo tan só superados polos Chicago Bears (con 27).[19]

Don Hutson (1935–1945)
James Lofton (1978–1986)
Membros do Pro Football Hall of Fame dos Green Bay Packers
Xogadores
No. Nome Posición Anos Ingreso No. Nome Posición Anos Ingreso
26 Herb Adderley CB 1961–1969 1980 20 Earl (Curly) Lambeau HB
Adestr.
1919–1929
1930–1949
1963
3 Tony Canadeo HB 1941–1944
1946–1952
1974 80 James Lofton WR 1978–1986 2003
87 Willie Davis DE 1960–1969 1981 24 Johnny "Blood" McNally HB 1929–1933
1935–1936
1963
4 Brett Favre QB 1992–2007 2016 2 Mike Michalske OG 1929–1935
1937
1964
75 Forrest Gregg OT 1956
1958–1970
1977 66 Ray Nitschke LB 1958–1972 1978
38 Arnie Herber QB 1930–1940 1966 51 Jim Ringo C 1953–1963 1981
30 Clarke Hinkle FB 1932–1941 1964 89 Dave Robinson LB 1963–1972 2013
5 Paul Hornung HB 1956–1962
1964–1966
1986 15 Bart Starr QB 1956–1971 1977
36 Cal Hubbard OT 1929–1933
1935
1963 31 Jim Taylor FB 1958–1966 1976
14 Don Hutson E 1935–1945 1963 92 Reggie White DE 1993–1998 2006
74 Henry Jordan DT 1959–1969 1995 24 Willie Wood S 1960–1971 1989
Adestradores e executivos
Nome Posicións Anos Ingreso
Vince Lombardi Adestrador 1959–1967 1971
Ron Wolf Director xeral 1991–2001 2015

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia os Packers retiraron formalmente cinco dorsais.[20] Estes cinco xogadores forman parte do Salón da Fama da NFL e os seus dorsais amósanse na zona norte do estadio Lambeau Field así coma no seu atrio. O 3 de agosto de 2014, os Packers anunciaron a retirada do dorsal número 4 de Brett Favre ao terminar a tempada de 2014 e a indución de Favre no Salón da Fama dos Packers en 2015.[21]

Dorsais retirados no estadio de Lambeau Field.
No. Nome Posición Temporadas na franquía Ano da cerimonia Fotografía
Canadeo, TonyTony Canadeo Halfback 1941–1944
1946–1952
1952
Favre, BrettBrett Favre Quarterback 1992–2007 2015
Hutson, DonDon Hutson Wide receiver 1935–1945 1951
Starr, BartBart Starr Quarterback 1956–1971 1973
Nitschke, RayRay Nitschke Linebacker 1958–1972 1983
White, ReggieReggie White Defensive end 1993–1998 2005

Corpo técnico

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Mike McCarthy.
Name Desde Até Récord Títulos
V D E
Earl (Curly) Lambeau 1919 1949 231 108 21 6
Gene Ronzani 1950 1953 14 31 1
Hugh Devore* 1953 1953 0 2 0
Ray (Scooter) McLean*
Lisle Blackbourn 1954 1957 17 31 0
Ray (Scooter) McLean 1958 1958 1 10 1
Vince Lombardi 1959 1967 98 30 4 5
Phil Bengtson 1968 1970 20 21 1
Dan Devine 1971 1974 25 28 4
Bart Starr 1975 1983 53 77 3
Forrest Gregg 1984 1987 25 37 1
Lindy Infante 1988 1991 24 40 0
Mike Holmgren 1992 1998 73 36 0 1
Ray Rhodes 1999 1999 8 8 0
Mike Sherman 2000 2005 56 39 0
Mike McCarthy 2006 2018 125 77 2 1
Joe Philbin* 2018 2018 2 2 0 1
Matt LaFleur 2019 presente 0 0 0 0

*Adestrador interino

Títulos de liga

[editar | editar a fonte]

Os Packers posúen 13 títulos de campións absolutos, tres da primeira época da NFL, oito da época da NFL anterior á Super Bowl e

Campionatos da NFL

[editar | editar a fonte]

Entre 1920 e 1932, o título da NFL non se decidía a partido único, senón que se decidía segundo a posición obtida nunha liga. Os Packers gañaron tres campionatos deste tipo.

Ano Adestrador Récord
1929 Curly Lambeau 12-0-1
1930 Curly Lambeau 10-3-1
1931 Curly Lambeau 12-2
Total campionatos por posición: 3

Campionatos Pre-Super Bowl

[editar | editar a fonte]

Entre 1933 e 1969, a NFL celebrou un partido para decidir o seu campión. Os Packers gañaron oito campionatos da NFL deste tipo. Desde 1966 até 1969, ao partido polo título da NFL lle seguía un enfrontamento co campión da American Football League (Super Bowl). Debido a isto, o campión da NFL nese período non está considerado campión absoluto.

Ano Adestrador Sede Opoñente Resultado Récord
1936 Curly Lambeau Nova York, NY Boston Redskins 21-6 10-1-1
1939 Curly Lambeau Milwaukee, WI New York Giants 27-0 9-2
1944 Curly Lambeau Nova York, NY New York Giants 14-7 8-2
1961 Vince Lombardi Green Bay, WI New York Giants 37-0 11-3
1962 Vince Lombardi Nova York, NY New York Giants 16-7 13-1
1965 Vince Lombardi Green Bay, WI Cleveland Browns 23-12 10-3-1
1966 Vince Lombardi Dallas, TX Dallas Cowboys 34-27 12-2
1967 Vince Lombardi Green Bay, WI Dallas Cowboys 21-17 9-4-1
Total campionatos da NFL: 8

Títulos da Superbowl

[editar | editar a fonte]

A partir de 1966, a NFL comezou a celebrar a Super Bowl. Os Packers posúen catro títulos deste tipo.

Ano Adestrador Super Bowl Sede Opoñente Resultado Récord
1966 Vince Lombardi I Os Ánxeles, CA Kansas City Chiefs 35-10 12-2
1967 Vince Lombardi II Miami, FL Oakland Raiders 33-14 9-4-1
1996 Mike Holmgren XXXI Nova Orleáns, LA New England Patriots 35-21 13-3
2010 Mike McCarthy XLV Arlington, TX Pittsburgh Steelers 31-25 10-6
Total de Super Bowls: 4

Campionatos da NFC (Conferencia)

[editar | editar a fonte]

Os Packers posúen tres títulos da Conferencia Nacional (NFC).

Ano Adestrador Sede Opoñente Resultado Récord
1996 Mike Holmgren Green Bay, WI Carolina Panthers 30-13 13-3
1997 Mike Holmgren San Francisco, CA San Francisco 49ers 23-10 13–3
2010 Mike McCarthy Chicago, IL Chicago Bears 21-14 10-6
Total de campionatos de conferencia da NFC: 3

Campionatos de División

[editar | editar a fonte]

Os Packers gañaron dezaoito títulos de División dentro da NFC.

Ano Adestrador División Récord
1936 Curly Lambeau NFL Oeste 10-1-1
1938 Curly Lambeau NFL Oeste 8-3
1939 Curly Lambeau NFL Oeste 9-2
1944 Curly Lambeau NFL Oeste 8-2
1967 Vince Lombardi NFL Central 9-4-1
1972 Dan Devine NFC Central 10-4
1995 Mike Holmgren NFC Central 11-5
1996 Mike Holmgren NFC Central 13-3
1997 Mike Holmgren NFC Central 13-3
2002 Mike Sherman NFC Norte 12-4
2003 Mike Sherman NFC Norte 12-4
2004 Mike Sherman NFC Norte 10-6
2007 Mike McCarthy NFC Norte 13-3
2011 Mike McCarthy NFC Norte 15-1
2012 Mike McCarthy NFC Norte 11-5
2013 Mike McCarthy NFC Norte 8-7-1
2014 Mike McCarthy NFC Norte 12-4
2016 Mike McCarthy NFC Norte 10-6
Total campionatos de división da NFC: 18
  1. 1,0 1,1 NFL.com, ed. (22 de xaneiro de 2015). "Chronology of Professional Football" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2021. Consultado o 22 de xaneiro de 2015. 
  2. Zirin, Dave (25 de xaneiro de 2011). The New Yorker, ed. "Those Non-Profit Packers" (en inglés). Consultado o 28 de decembro de 2014. 
  3. Green Bay Packers (ed.). "Nacemento dun equipo e unha lenda" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  4. Maraniss, David (14 de setembro 1999). Milwaukee Journal Sentinel, ed. "In throes of winter, a team in disarry is reborn" (en inglés). Milwaukee, Wisconsin. p. 2B. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2011. 
  5. Pennington, Bill (16 de xaneiro do 2008). The New York Times, ed. "Artigo no NY Times". Consultado o 7 de febreiro do 2011. 
  6. Time.com, ed. (21 de decembro de 1962). "TIME Magazine Cover: Vince Lombardi - Coaches - Wisconsin" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2014. 
  7. "The Ice Bowl". Pro Football Hall of Fame. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  8. Kupper, Mike (23 de outubro de 1974). "Packers trade for John Hadl". 
  9. "The 25 Biggest Sports Flops (1979–2004)". ESPN. 30 de xullo de 2004. 
  10. "Super Bowl XLV, Packers Beat Steelers, 31–25". New York Times (en inglés). 7 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  11. Farmer, Sam (7 de febreiro de 2011). Los Angeles Times, ed. "Ending is cheddar-perfect for Packers in Super Bowl XLV victory over Steelers" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  12. Ketchman, Vic (28 de setembro de 2014). Green Bay Packers, ed. "Win over Bears feels like season saver" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  13. "Packers Uniform History". Green Bay Packers (en inglés). Archived from the original on 21 de abril de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  14. "What Does the 'G' in the Packers Logo Stand for?". Blippitt.com (en inglés). 2 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2017. Consultado o 08 de decembro de 2016. 
  15. "Cheap Seats" (en inglés). Sioux City Journal. 3 de febreiro de 2011. 
  16. "G still stands for gullible". Packers Uniforms (en inglés). 14 de febreiro de 2011. 
  17. "Green Bay Packers Logo – Design and History" (en inglés). Dinesh.com. 25 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2010. Consultado o 08 de decembro de 2016. 
  18. "Oval G is a Green Bay Packers trademark" (en inglés). ESPN. 25 de maio de 2005. 
  19. Breakdown of Hall of Famers by Team Arquivado 21 de decembro de 2008 en Wayback Machine. from profootballhof.com.
  20. Dorsais retirados Arquivado 21 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Packers.com. 16 de marzo de 2016. (en inglés)
  21. Pete Dougherty e Jordan Schelling (4 de agosto de 2014). Usatoday.com, ed. "Brett Favre to join Packers Hall of Fame, have No. 4 retired" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]