Gennady Golovkin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1982 (42 anos) Qarağandı, Casaquistán |
Educación | Karaganda State University (en) |
Altura | 178 cm |
Peso | 72 kg |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Período de actividade | 6 de maio de 2006 - |
Nacionalidade deportiva | Casaquistán |
Deporte | Fut (en) |
Disciplina deportiva | peso médio (pt) light middleweight (en) |
Adestrado por | Abel Sanchez (en) |
Participou en | |
2004 | boxing at the 2004 Summer Olympics – middleweight (en) (medalla de prata olímpica) |
2002 | Jogos Asiáticos de 2002 (pt) |
Premios | |
| |
Gennady Gennadyevich Golovkin (ruso: Геннадий Геннадьевич Головкинnado), nado en Qarağandı o 8 de abril de 1982, coñecido tamén cos alcumes "GGG" ou "Triplo G", é un boxeador casaco, campión mundial de peso medio da WBA, WBC, IBF e mais do IBO. Dende xaneiro de 2018 a TBRB considérao o mellor peso medio do mundo en activo, mentres que para a revistaThe Ring mais para BoxRec é o segundo mellor. The Ring consíderao o mellor xogador libra para libra[1], aínda que é segundo para ESPN;[2] e cuarto por BoxRec[3] e TBRB[4].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como afeccionado Golovkin gañou unha medalla de ouro na división de peso medio no Campionato do Mundo de 2003 e representou a Casaquistán nos Xogos Olímpicos de 2004 gañando unha medalla de prata.
Xa como profesional o seu primeiro gran campionato do mundo, logrou ao facerse co título interino da WBA dos medios ao derrotar a Milton Núñez en 2010. A WBA elevouno ao status de campión regular no mesmo ano, e en 2011 gañou o título IBO dos medios, que permanecía vacante, ao derrotar a Lajuan Simon. En 2014 Golovkin adquiriu o status de campión da WBA, e defendeu con éxito os seus títulos contra Daniel Geale. Pouco despois derrotou a Marco Antonio Rubio para engadir o título WBC interino dos medios á súa colección, e logo derrotou a David Lemieux en 2015 para gañar o título IBF dos medios. Despois de deixar Canelo Álvarez vacante o seu título WBC dos medios en 2016, Golovkin accedeu ao status de campión pleno, e dende entón, leva tres dos catro grandes títulos mundiais do boxeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ratings". The Ring, 31 de xaneiro de 2017
- ↑ "Pound-for-pound rankings: Vasiliy Lomachenko takes top spot from Gennady Golovkin".
- ↑ "Ratings" Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. BoxRec BoxRec, 19 de marzo de 2017.
- ↑ "P4P" Arquivado 24 de xuño de 2013 en Archive.is . Transnational Boxing Rankings Board], 19 de marzo de 2017.