Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gasherbrum II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGasherbrum II
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaPrefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°45′27″N 76°39′10″L / 35.7575, 76.6528
CordilleiraGasherbrum (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude8.034 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.524 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico5,26 km Editar o valor en Wikidata
Clasificación dos cumesOitomil Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
7 de xullo de 1956 primeira ascensión, ⇒ Hans Willenpart (en) Traducir, Sepp Larch (en) Traducir, Fritz Moravec (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Gasherbrum II (tamén chamado K4), con 8.035 metros é a décimo terceira montaña do mundo pola súa altura. Tense por un dos picos máis accesíbeis entre os que superan os oito mil metros de altura, e só o Everest e o Cho Oiu gozan de máis ascensións.

A ruta normal de escala é a través da aresta suroeste, xa que está relativamente libre de perigos obxectivos, como o xeo e os aludes. Unha expedición típica tarda unhas 7 ou 8 semanas e os permisos de escalada roldan os 7.500 dólares, para cinco alpinistas.

O Gasherbrum II foi escalado por primeira vez o 8 de xullo de 1956 por Fritz Moravec, Josef Larch e Hans Willenpart, dunha expedición austríaca.

Situación

[editar | editar a fonte]

O Gasherbrum II está situado na fronteira entre Paquistán e a China, coas coordenadas 35º 45' 31" N e 76º 39' 10" E. Forma parte do macizo do Gasherbrum, á súa vez integrado no cordal do Karakorum, que é un ramal occidental do Himalaia. Todo ese macizo dos Gasherbrum forman a cabeceira do glaciar de Baltoro, moi próximo ao K2, polo que compartiran as primeiras exploracións da zona.

Denominacións

[editar | editar a fonte]

O nome Gasherbrum procede do balto rgasha brum que significa "montaña fermosa". Nos primeiros recoñecementos topográficos do Karakorum foi bautizado como K4 (é dicir como cuarto pico do Karakorum).

O 7 de xullo de 1956, ás once e media da mañá os austríacos Sepp Larch, Fritz Moravec e Hans Willempart pisaron o cume do Gasherbrum II. Formaban parte dunha expedición patrocinada pola Sociedade Austríaca do Himalaia. Utilizaron na súa escalada a ladeira do suroeste.

En 1980, os cataláns Pere Aymerich e Enric Font, en colaboración cunha cordada xaponesa, coroaron a cima da montaña.

No 2000 o guipuscoano Félix Iñurrategui chegou ao cume do Gasherbrum II.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]